Un proxecto escolar para o 2.008-09.
Un proxecto que pon remate, enriquece e dá sentido a toda unha longa fase escolar do noso alumnado de 6º.
Este proxecto pretende:
- Traballar primordialmente as competencias relacionadas coas actitudes e experiencias na educación do noso alumnado mediante unha saída de 3 días de duración.
- Formar a cada membro do noso alumnado como persoa a nivel individual e como parte integrante de un grupo co que leva longo percorrido e dentro do que quere compartir e interactuar de xeito autocrítico.
- Desenvolver e pór en práctica o dominio das diversas competencias por parte do noso alumnado.
- O traballo en equipo dos distintos sectores que conformamos a comunidade educativa: alumnado, profesorado e nais-pais.
- Convivir, xogar, facer e experimentar xuntos lonxe da nosa casa.
- Aunar estudo e diversión (Por que hai augas quentes naturais - bañámonos en Outariz).
- Fomentar o coñecemento e uso das TIC.
- Fomentar o uso da rede (internet) como fonte de información e participación.
- Mudar pouco a pouco o rol do mestre encamiñándoo cara un mediador no proceso de ensino.
- Construír A Escola fóra da escola.
Ufff! Case nada! Ánimo
ResponderEliminarNoelia di:
ResponderEliminarTes que vir un día visitarnos.