03/02/09
Presentación detallada ás nais e pais
Na xuntanza a principio de curso coas familias "soltamos" a idea do que pretendiamos facer e por que; tamén informamos que vos convocariamos outra vez nese trimestre para falar do tema. Polo de pronto, como non, estamos a cumprir; o martes, 16 de decembro, presentación oficial do que queremos facer e que colaboración de nais e pais pedimos.
Ese día presentamos este proxecto bastante detallado ás nais e pais. Houbo algúns problemas coas presentacións feitas co Open Office Impress, que non respondeu como é debido; mais a idea do que se pretendía, como e a onde quedou plasmada claramente. Ao remate 3 membros das familias (mamá de Samuel Diéguez Docampo, papá de Belén Soto Vázquez e papás de Joaquín Campo Carballido) prestáronse a colaborar máis decididamente cara a conseguir subvencións, transporte e albergue en Muíños.
O 20 de xaneiro aproximamos máis as ideas e definimos perfectamente os traxectos e horarios entre estes tres membros e os dous titores de 6º nunha nova xuntanza. Queda traballar e agardar logros. O 17 de marzo, martes, ás 17:30, volveremos xuntarnos para dar un paso máis adiante. Haxa sorte!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
ayayay¡gille vas caer do compsteiro sal de hai rapaz de Fabio García
ResponderEliminarhai esto eu facendo o mono
ResponderEliminarRapaces, imos ter que mellorar un pouquiño a ortografía. Escribimos para que outros entendan e, se non o facemos ben e claro, non hai ninguén capaz de que poida ler e, por riba, quedamos mal.
ResponderEliminarCando escribamos un comentario debémoslle dar a "previsualizar" ou "vista previa", volver ler o que puxemos e corrixir o que estea mal. Feito isto, xa podemos darlle a "publicar comentario" ou "enviar comentario".
A ver se amaño o que queriades poñer:
Fabio García di: "Aaaii! Guille, vas caer do composteiro. Sae de aí, rapaz."
Guillerme di: "Aí estou eu facendo o mono."
Aaaii! Nenos que faltas de ortografia porfavor!
ResponderEliminarOrtografía e bromas aparte, excelente forma de rematar a etapa de Educación Primaria.
ResponderEliminarEspero que sexa un éxito.
Moita sorte
Manolo.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarBenvido por aquí, Manolo. Sempre serás benvido por estas terras, para animar ou criticar con xeito. O que ti quixeres.
ResponderEliminarEu, e algún máis, estamos a agardar o teu blog da biblioteca. Un blog de animación á lectura, que aporte propostas de libros interesantes, libros de ler e ollar para pasar ben o noso tempo, de escritas libres e complementares ás lecturas... Un libro, unha ilusión que vai comigo!
Guille deixa de facer o mono.
ResponderEliminar