O terceiro día faremos máis km; menos mal que a andar son pouquiños. Así que calma, que vai gustar e non nos vai rebentar.
Primeiro colleremos rumbo ao norte, guiados polo que na noite nos marcou a estrela polar; antes de rematar o día e que a noitiña chegue, ao oeste.
Nesta viaxe ao norte haberá paradiñas: unhas longas, outras curtas. Pararemos detidamente en Celanova para ver o seu mosteiro de S. Salvador. Foi fundado por S. Rosendo, hai máis de 1.000 anos. O actual edificio é antigo e interesante, pero non tan antigo, é barroco. O barroco foi o estilo artístico propio dos s. XVII e primeira metade do XVIII. Foto da fachada do mosteiro de Celanova: http://pe.kalipedia.com/kalipediamedia/lenguayliteratura/media/200704/18/literaturauniversal/20070418klplylliu_389.Ies.SCO.jpg
Neste claustro* do mosteiro de Celanova vese claramente as características do barroco: uso de espirais como adorno, frontóns partidos, orelleiras nas portas e fiestras... É un bo exemplo de esta arte.
*Un claustro de un mosteiro é un espazo pechado formando un patio interior. Estes claustros proceden da antiga casa romana, que tamén tiña un patio interior e un corredor arredor do patio que organizaba as distintas habitacións.
Iremos á antiga horta do mosteiro. Aí consérvase unha capeliña para rezar moito máis antiga có mosteiro; é do s. X, de estilo mozárabe. Unha xoia! Parece un xoguete do mosteiro.
Tamén visitaremos a fermosa aldea de Vilanova dos Infantes, a pouca distancia de Celanova
centros.edu.xunta.es/No alto, a torre que queda do antigo castelo; ao redor, o burgo, coas casas de pedra ben dispostas e unha fermosa praza. Visitaremos o castelo. Ata aquí paséase en procesión a mediados de setembro a Virxe do Cristal, a santa máis pequeniña que teñas visto, e uns danzantes (antigamente todos homes, hoxe case todas mulleres) bailan ao redor da redonda unha danza específica de esta festa.
A seguinte parada, e prolongada, será en Ourense, a cidade. Veremos a catedral: porta sur, pórtico do paraíso, cimborio, porta norte...; a parte vella e monumental; As Burgas (volvemos ás augas cálidas); cruzaremos a pé a Ponte Vella (romana e medieval) e a nova que ves na foto, a do Milenio (subiremos con xeito por ela); pasearemos pola beira do Pai Miño, pasando por ondas as termas da Chavasqueira e iremos dar as de Outariz. Aquí na parte libre, bañaremos, aproveitando esas augas, outra vez cálidas, medicinais e naturais, repoñedoras da pel e do stress.
Ponte do Milenio e outras : www.jorgetutor.com/.../
Máis:
Catedral de Ourense.
upload.wikimedia.org/
Foto do Pórtico do Paraíso:
www.panoramio.com/photos/
Termas de Outariz:
termasoutariz.blogspot.com/
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhmFD3Dtp1FZd-RHGvlLjL5NSXGAva-NMbwYAIT25QX9PGZ-SpuF_pvyNYNEPD1tqbG9ML79hA7GIG1b5vnPAaKtR3d6K7TbP164FwWNcvK3cGpUFHMXFBR1AGaxGl-t6H4eVchLWPVp0M/s1600-h/ruta+termal.jpg
me parece moi boa saida
ResponderEliminarNOELIA 6ºA 2040KM
ResponderEliminarXiana a resposta é 32km.
ResponderEliminar