Non está feito, pero isto é o que de partida nos interesa. Ás beiras do encoro das Cunchas, a pouca distancia de Mugueimes, capital do concello de Muíños, hai unhas instalacións de recreo, deportivas e de lecer moi xeitosas dentro do que nós por prezo podemos aspirar. Aí hai un albergue con moi bo aspecto e con cuartos de distinto tamaño que nos poden permitir facer grupos, unha residencia e un cámping; todo a moi pouca distancia uns de outros e co encoro a un paso. Permiten pasear, xogar, estar a gusto... dentro de un entorno ben coidado e coa natureza dándolles a man. Non hai máis que pedir. Nós decantámonos polo albergue, tendo en conta o mes (imos a fins de maio) e o alumnado.
Agardamos ver resultados dos contactos.
Tedes información do albergue, cámping e arredores en:
www.concellomuinos.com
www.panoramio.com/
geo.ya.com/lobios/
flickr.com/photos/
Estou desexando marchar.
ResponderEliminarCantos días quedan aínda?
Haille que dar tempo ao tempo, pero maio logo vén.
ResponderEliminar