08/02/09

Hai camiños que apetece facer

Mata da Albergaria

O mellor bosque atlántico do Parque Nacional Peneda-Gerês e da futura Reserva da Biosfera Xurés-Gerês







Miliarios a cada milla. Millas marcadas coa maior cantidade de miliarios xamais vista. Vía Nova romana, Vía XVIII, coñecida polos portugueses coma "A Geira".








Pontes (romanas) brincando por riba das augas dos ríos. Ríos bravos arrastradores de pedras, redondas a por de dar voltas, e areas descansando nos remansos. Pontes romanas, só sexan nos arrinques ou en todo o seu paramento. Pedras traballadas polo pico e ben dispostas co célebre proceder romano de almofadillado.











Ríos de augas cristalinas. Verde esmeralda.

Augas que rebrincan polas penedas e pousan calmas nas pozas.




Vía que se fixo Camiño e que viu por aquí pasar a raíña Isabel na súa peregrinaxe camiño de Santiago de Compostela. Camiño da Raíña Santa.


2 comentários:

  1. Espero que alucinantes paisaxes esperten curiosidades pola nosa natureza.
    Nestes lugares non se poden poñer muiños de vento nin bicicletas aínda que se poden ter gases despois de comer.
    Eu son un anónimo que me chamo luissssssssss

    ResponderEliminar
  2. Eu quérome bañar nas augas. Molan moito e penso que imos disfrutar.

    Asinado: Xurxo

    ResponderEliminar