Imos animar a saída e cada un vaise encargar e responsabilizar de algo.
É a nosa saída e a nosa convivencia. Participamos, logo, na maneira de facela.
Sempre activos; unhas veces simplemente participando , outras dirixindo para que saian ben ... e ao noso gusto.
O que ben se prepara, ben sae.

Mirade as opcións e... xa falaremos e faremos grupos.
Comisión de redacción das noticias que creamos
2 grupos de 2-3 redactores
Redactarán as noticias do día. En xeral, un grupo fará a mañá, outro a tarde.
Farano en Open Of. Writter ou en Word. Logo, pasarase ao blog “Andaescola
” e colgarase na rede para todo o público no lugar que se poida facer (conexión a Internet). Levaremos o miniportátil.
Traballarase a noticia e servirá para nais, pais, outro alumnado… fagan o noso seguimento.
Comisión da boa organización e marcha

Encargarase de crear listados de material a levar e consellos de funcionamento.
Serán os responsables de que isto se cumpra ben.
Listado de cousas importantes que teremos que levar cada un de nós na mochila individual (hixiene...)
Listado de material para todo o grupo que teremos que levar (botiquín, teléfono móbil, teléfonos de alumnado e colexio, minicomputador portátil...)
Listado de consellos para cando fagamos percorrido a pé.
Listado de consellos para cando nos movamos en autobús (dentro ou nas súas proximidades).
Comisións de animación
Xogos
Organizarán, dirixirán, animarán e controlarán o tempo de xogo
Encargaranse de preparar e dirixir xogos populares.
Encargaranse de dar entrada a outros xogos (fútbol...) na área recreativa de Muíños
Controlarán os materiais correspondentes e necesarios para eses xogos.
Cancións
Buscarán cancións axeitadas, aprenderanas e serán os animadores musicais

Lendas e contos
Aprenderán dúas lendas (unha para cada noite), representaranas (antes ensaiarán a súa representación), aprenderán contos e chistes para as veladas. Daranlle vez a calquera que queira contar outros contos e chistes.
Lendas representadas, contos, chistes ao redor do círculo de lume (candeas) a modo de velada.