Primeiro día
Un día especial
O alumnado de 6º comezou a súa saída. Onte fixeron a ruta da Mata da Albergaria e a da Ruta da Corga da Fecha. Á noite, despois do partido, fixeron unha velada de contos e chistes con veliñas dando ambiente.
Desi Gómez, Javier Troncoso e Selena Serra/ MUÍÑOS
Chegamos ao colexio entre as 8:00 e 8:15, logo despedímonos de nosos pais, nais… Saímos ás 8:30 no autobús “ nun autobús do Xerés”. Camiño a Ourense tivemos que parar por que Jesús sentíase mareado e doíalle a barriga, tamén paramos nun bar de gasoliñeira a tomar algo.
Chegamos ás 11:10 a Portugal. Na fronteira baixamos; alí había miliarios, pois era a milla XXXIV. Fixemos un percorrido ata case a milla XXXII. No camiño fixemos unha ficha de árbores e outra de cantos rodados que había no cauce do río. Despois veu o mellor, cruzar o río saltando de pedra en pedra. Había ponte, pero case todos preferimos facelo polas pedras.
Máis adiante, estaba a milla XXXIII: tiña un montón de miliarios. Un pouco despois vimos unha fervenza moi bonita.
Andamos ata as 13:40 máis ou menos. Había unha fonte e refrescámonos e enchemos as botellas de auga fresquiña e sentounos moi ben por que facía moita calor. Logo despois de beber… chegou o autobús e fumos de volta a Ourense ; fumos a un lugar moi bonito para poder xantar, xogar, divertirnos…
Pola tarde fumos a andar moito e Antón mandounos ir por unha costa moi enpinada e Desirée ao baixar caiu e pinchouse na man. Antes diso fumos a unha catarata e Miguel esvarou , caíu á auga e empapouse todo.
Marosa e algúns máis quedaron abaixo.
Logo fumos andando e chegamos ata un balneario, alí mollámonos os pés en auga quente e templada[os profes tamen se animaron].
Despois de un cacho merendamos e chegou o autobús para levarnos ao albergue; chegamos e puxémonos en grupos. Despois duchámonos, ceamos… Algúns foron ver o partido de fútbol e foron ver os buzos.
Por último, tivemos unha velada con veliñas no medio e contaron chistes; os chistes de Miguel foron os mellores. Estivemos ata as 12 e pico da noite.
Que envexa! Nos aiqui ca rutina diaria, os problemas diarios e xunto ao calor soportar os malos cheiros do vello sistema de alcantarillado do colexio. O Palmiras póñenos música cun martelo neumático que fai tremar o edificio e levanta dor de cabeza. E mira ti!, vostedes respirando aire puro, cos trinos dos paxaros e auga tranparente e fresquiña. Que envexa!
ResponderEliminarUn abrazo, Jesús
Profe, a redación que teño que facer poñolle o titulo?
ResponderEliminarUn bico
Como se chamaba a torre onde fumos?
ResponderEliminarSi, Jesús, o ruído que nós tiñamos era o que faciamos nós mesmos...e o dos paxariños que cantaban...para nós. No tocante á calor, buufff, nós tamén pasamos calor; iso si, as noites estaban moi boas.
ResponderEliminarDesi, ponlle título á noticia (chamativo, indicativo da noticia, letra grande e sen punto ao final).
ResponderEliminarA torre era a de Vilanova dos Infantes. Aparece tamén unha foto nun dos primeiros post de este blog.
Vémonos o luns. Descansa ben, que estes tres días foron intensos.
E tan intensos coma que eu non peguei ollo en toda a noite.
ResponderEliminar