Día de moita calor e a subida de Pitoes de Júnias á Portela de Pitoes fíxose moi dura. A baixada a Requiás xa foi asequible. Xantamos na cima, na Portela; era no único sitio onde houbo fresco. Onda o encoro do Salas vimos dous dolmens.
Pola mañá fomos ao Centro de Interpretación de Aquis Querquennis: explicáronnos como era o campamento romano e a mansión que está ao lado. Despois vimos as súas ruínas.
No albergue e arredores, todo ben: bonito e permite xogar moito.
Mañá, ás 8 e media da tarde no colexio.
Temos envexa!
ResponderEliminarQue ganas de estar aí con vós.
As vosas fotos xa están polo colexio.
Ata pronto.
Carmina
Non hai maior satisfacción que ver cumpridos os desexos e se estes supuxeron un esforzo a ledicia é moito maior. ¡¡Noraboa !!!!
ResponderEliminarLuis Q....
Vexo caras moi alegres,pero mochilas mal colocadas e non sei se rirán esas espaldas!!!!!!!!!!!!!!!Un despiste teno calquera.
ResponderEliminarefpenafran
Unha boa experiencia. Con esforzo se conseguen moitas cousas.
ResponderEliminarParabéns para todos.
Un saúdo
Manolo
Que sorte, que ben o estades pasando, e cantas cousas estades aprendendo, encantoume a foto coas velas de noite, moi boa. Selene, xa sei que o estás pasando moi ben, díxomo Evia, un bico para Noelia de parte de Iria e Alejandro mándallo a Joaquín e por suposto a súa nai. Bicos para todos e todas.
ResponderEliminarAna
Buuf... Si que andamos ese día.
ResponderEliminarTeño unha cara de cansa...
un bico