Imos animar a saída e cada un vaise encargar e responsabilizar de algo.
É a nosa saída e a nosa convivencia. Participamos, logo, na maneira de facela.
Sempre activos; unhas veces simplemente participando , outras dirixindo para que saian ben ... e ao noso gusto.
O que ben se prepara, ben sae.
Mirade as opcións e... xa falaremos e faremos grupos.
Comisión de redacción das noticias que creamos
2 grupos de 2-3 redactores
Redactarán as noticias do día. En xeral, un grupo fará a mañá, outro a tarde.
Farano en Open Of. Writter ou en Word. Logo, pasarase ao blog “Andaescola
” e colgarase na rede para todo o público no lugar que se poida facer (conexión a Internet). Levaremos o miniportátil.
Traballarase a noticia e servirá para nais, pais, outro alumnado… fagan o noso seguimento.
Comisión da boa organización e marcha
Encargarase de crear listados de material a levar e consellos de funcionamento.
Serán os responsables de que isto se cumpra ben.
Listado de cousas importantes que teremos que levar cada un de nós na mochila individual (hixiene...)
Listado de material para todo o grupo que teremos que levar (botiquín, teléfono móbil, teléfonos de alumnado e colexio, minicomputador portátil...)
Listado de consellos para cando fagamos percorrido a pé.
Listado de consellos para cando nos movamos en autobús (dentro ou nas súas proximidades).
Comisións de animación
Xogos
Organizarán, dirixirán, animarán e controlarán o tempo de xogo
Encargaranse de preparar e dirixir xogos populares.
Encargaranse de dar entrada a outros xogos (fútbol...) na área recreativa de Muíños
Controlarán os materiais correspondentes e necesarios para eses xogos.
Cancións
Buscarán cancións axeitadas, aprenderanas e serán os animadores musicais
Farán un listado pequeno de cancións fáciles de cantar coa correspondente letra para cantar
Ensaiarán esas cancións
Lendas e contos
Aprenderán dúas lendas (unha para cada noite), representaranas (antes ensaiarán a súa representación), aprenderán contos e chistes para as veladas. Daranlle vez a calquera que queira contar outros contos e chistes.
Lendas representadas, contos, chistes ao redor do círculo de lume (candeas) a modo de velada.
Belén di:
ResponderEliminarParéceme ben o das comisións para a excusión.
Gústame o das cancións.
Eu quero o de comisions de redacción das noticias que creamos, gustame moito o de os ordenadores.
ResponderEliminarun bico.
Pareceme todo moi ben.Gustame o das comisións
ResponderEliminarEva Castro
me parece moi ben as das comisions
ResponderEliminarBelén di:
ResponderEliminarConfundínme,gústame o de redacción das noticias.
Eva López Riveiro di:A min gústame o da boa organización e marcha.
ResponderEliminarBelén di:
ResponderEliminarGustaríame tanto o de comisión da boa organización e marcha,coma o de redacción.
Miguel di:
ResponderEliminarGustame a comision de lendas, contos, chistes...
Erea di:
ResponderEliminarAmin gustariame a comisión da boa organización e marcha, sinon comisiòn de redacción das noticias que creamos.
Amin gustame o de redaccion das noticias que creamos o senon se pode pos o de comisión da boa organización e marcha.
ResponderEliminarun bico
Selena di:
ResponderEliminarAmin gustariame a comisión de noticias que creamos ou se non o da organización.
Que ben, encargareime da comisión de redacción.
ResponderEliminarEstou desexando ir a excursión.
Marta/ 6ºB
Belén di:
ResponderEliminarAlégrome de que me tocara a comisión da boa organización e marcha.
Eu, Belén (e todos e cada un dos demais), tamén me alegro de que cadaquén quedarades contentos coa comisión na que vos metestes.
ResponderEliminarE... aínda me alegra moito máis ver como facedes vosa a saída: participades, decidides, responsabilizádesvos... disfrutádela.