22/06/09

Sempre acontece


Tiña que ser e foi.


Esta entrada quere ser o remate a unha linda experiencia.
Convivimos xuntos tres días e pasámolo coma nunca; aínda máis, formámonos como persoas... andando, xogando, rindo...

Os lugares nos que estivemos pagaba a pena velos e disfrutar de eles.
Nós aproveitámolos e volvemos moi contentos.

O blog de Andaescola foi de curta duración; non podía ser de outro xeito: a informática, as TIC, coma un medio interesante para traballar esa saída e ese proxecto escolar. En fin, un lugar de comunicación.

Penso que, chegados a este punto, podemos dicir que resultou moi dinámico e ben aproveitado.

Hai que voar; seguros, con sentidiño... pero voar; novas experiencias...sensacións novas... Tampouco fai falta apurar e chegar antes de tempo. Cada cousa ao seu tempo.

A todas/os aos que vos interesou este blog, quédovos agradecido. Abur!

Antón Torreiro

19/06/09

Facendo memoria (IV)













Xogos nocturnos,
á luz das candeas









Brincando no mollado












Bonito e ben disfrutado


17/06/09

Entrevista a Laura Veiga

Tres días vivindo aventuras
Carmen Mª Veiga
MOS/ Laura, ou mellor, Laura Veiga ten 12 anos. É loira, alta e moi simpática cando quere.

É a miña mellor amiga.





-¿Gustouche a excursión?
-Si, moito.

-¿Que máis che gustou?
-A cascada.
-¿E o que menos che gustou?
-Andar, obviamente.
-¿Divertícheste cos compañeiros?
-Si
-¿Gustáronche as termas?¿E o seu arredor?
-Si, moi bonito e limpo.
-¿Custouche seguir o ritmo dos profes polas rutas?
-Si!
-¿Gustouche subir a cascada?
-Non subín.
-¿Gustáronche os pobos por onde pasamos?
-Si
-¿Gustáronche as vacas e os cabalos?
-Si, moi bonitos.
-¿Que fixeches polas noites?
-Falar e rir.
-¿Que fixeches despois de cear?
-Xogar.
-¿Que che pareceu o albergue?
-Bueno...bonito o sitio.
-¿E as vistas?
-Moi bonitas.
-¿Que che pareceu a comida, cea, a merenda...?
-Estivo moi rico. Doulle un 10 ás cociñeiras!
-¿Que fixeches na comisión que che tocou?
-Nada, non había ganas (Laura, igual ca eu, estivo na comisión de cancións e a verdade é que nós traballamos pouco. Teñen razón os compañeiros/as que nos acusan de facer pouco).
-¿Gustouche a comisión de chistes?
-Si
-¿E a comisión de xogos?
-Si.
-¿Sacaches moitas fotos?
-Non.
¿Gustáronche as cousas que vimos no museo?
-Si.
-¿Que comisión che gustou más?
-A dos chistes.
-¿Gustáronche os miliarios?
-Si.
-¿Pareceuche fácil atravesar o río?
-Si.
-¿Que che pareceron os lugares da excursión en concreto?
-Moi bonitos.
-¿Que che pareceu a comida do lugar?
-Moi rica.

10/06/09

Entrevista a Sara

"RODEADA DUNHA PAISAXE MOI BONITA"


Sandra Bastos Teijeira

MOS/ Sara é moi simpática e divertida, porque sempre está xogando;

tamén é moi alegre, case nunca se enfada.

Sara fisicamente é alta,

loira e branca de tez,

e é moi guapa...



- Gustouche o que fixemos o primeiro día?

- Si,porque xa empezamos a ver paisaxes moi bonitas.

- Gustouche o de facer o traballo do río e atopar as árbores?

- Si, porque asi mentres camiñabamos entretiñámonos nalgo.

- Gustouche cando nos deixaron cruzar o río,caíches?

- Si, porque foi unha esperiencia moi bonita pa min e non caín.


- Que che pareceu a ruta romana?

- Pois moi bonita e que estaba rodeada dunha paisaxe moi bonita.

- Gustouche a fervenza máis grande?

- Si,porque era moi grande e eu non vira unha así.

- Gustouche cando subimos a vela?

- Si,pero foi un camiño moi inclinado e con pedras.

- Canda chegamos ao albergue gustouche o que había ao redor?

- Si, porque tiñamos onde xogar e a paisaxe moi bonita.

- Gustouche o segundo día?

- Si, porque nos ensinaron un vídeo dos romanos no museo de Aquis Querquennis.

- Que che pareceu o campamento romano de Aquis Querquennis?

- Foi bonito, pero a auga non nos deixou ver ben as outras cousas de alí, e tamén tiña unha paisaxe moi bonita.

- Gustouche a ruta de Pitoes de Junias-Requiás?

- Si, pero foi demasiado cansa.

- Canto cres que andariamos ese día?

- Uns 10 km polo menos.

- Pareceuche moita a calor que facía?

- Si, porque estabas cansa e non tiñas moita auga.

- Gustáronche as lendas que houbo a 2ª noite?

- Si, e máis que as outras, porque xogamos a moitos xogos.

- Que che pareceu o terceiro día?

- Ben, e moito máis cós anteriores, porque andamos moito menos.

- Que che pareceu o mosteiro e a catedral?

- Ben, porque eran moi grandes e tiñan figuras moi grandes.

- Que che gustou máis do que vimos na torre?

A maqueta coas luces que nos ensinaron ao principio.

- Que che pareceu a Virxe do Cristal?

- Moi bonita pola historia que nos contou o cura e polo pequena que era.

- Gustáronche as termas? Por que?

- Si, porque era auga quente e nunca estivera nunha.

- Cal che gustou máis das termas, as que fomos o primeiro día ou as do terceiro?

- As do terceiro porque estaban menos quentes e había fría.

- De todo, que che gustou máis?

- As paisaxes e as termas porque nunca estivera nunhas.

- Todas as comisións funcionaron ben?

- Todas non, as de marcha non moi ben e as de cancións nada ben. As outras, ben.

- Volverías outra vez?

- Si, porque todo era moi bonito.

09/06/09

Entrevista a Samuel Diéguez

Nas termas paseino ben porque xogamos todos xuntos

Álex G. Moldes

MOS/ Samuel é un neno que o pasou moi ben na excursión. Xogou ao baloncesto, fútbol, pano, sardiña... Tamén disfrutou nas augas termais. Estivo con nenos e nenas sen distinción.

Samuel é moi intelixente e listo.




- A onde fostes o primeiro día?

- Á Mata de alberguaría e ao paseo da Corga da Fecha.

- Como o pasaches o primeiro día?

- Paseino moi ben, porque vimos moitas cousas.

- Pasáchelo ben pola noite?

- Si, porque contamos chistes e historias de risas.

- Onde estiveches o segundo día?

- En Aquis Querquennis, é o museo de Interpretación, e en Pitoes.

- Gustouche o segundo día?

- Gustoume un pouco, porque tivemos que andar moito e case nos perdemos, pero tamén gustoume porque vimos cousas moi chulas.

- Gustouche a segunda noite?

- Sí, porque contaron lendas e xogamos ao pano e ao escondite.

- Que vistes o terceiro día?

-Vimos Celanova e Vilanova dos Infantes e as termas.

- Gustáronche as termas?

- Sí, porque estaba tranquilo.

- Vístedes algún animal autóctono?

- Si, a vaca cachena.

- Gustouche o albergue?

-Si, porque tiña moitas instalacións.

- Que tal durmiches?

- Ben, porque a cama era moi cómoda.

- Con quen durmiches?

- Cos meus amigos Guillerme, Jorge, Adrián, Jesús, Javi, David.

- Algún compañeiro mancouse?

- Si, Miguel e a Profesora Marosa.

- A que xogaches?

- Ao fútbol, ao baloncesto, ao pano, ao escondite e á sardiña.

- Viches miliarios?

- Si, vimos miliarios nas rutas.

- Que tal o pasaches nas termas?

- Ben, porque xogamos todos xuntos.

- Gústache nas termas, auga quente ou fría?

- Gustoume máis a auga quente.

- Andivestes moito?

- Si, porque fixemos moitas rutas.

- Coñeciches a alguén?

- Si, coñecemos algúns buceadores.

- Queres volver?

- Gustaríame moito volver.

08/06/09

Facendo memoria (III)















Calor abafante, costa, sede (menos mal que auga fresca había!).... Alá, no alto e ao fondo, Fontefría, penedas en resalte ás que deixamos de lado e non fomos.


Pitoes de Júnias, un pobo portugués a máis de 1.100 m de altura. Casas apiñadas, de granito e moitas aínda con unha rea de pedras no pincho do tellado que cortaba o vento e impedía que este fixese voar os antigos tellados de palla.


Subida cara á Portela.

As sombras eran poucas. Aquí os cerquiños ou rebolos asombraban a liña da beira. Algúns aproveitaban esa liña de sombra (competentes); outros non.


Uns soben mellor,
outros como poden.

















Na Portela de Pitoes unha mámoa separaba os dous territorios, xusto no medio e medio do seu altiño estaba o marco.
Á sombra de uns piñeiros silvestres comemos. Era o único sitio onde facía fresco.




Na baixada fomos deixando á dereita a Serra do Pisco, tinguida de cor amarela.

Máis abaixo, un regato pola dereita afondou moito o seu cauce, formou unha fervenza coincidindo co terreo duro e no seu arredor existen varios muíños abandonados.













Espera longa polo autobús en Requiás co encoro de Salas ao fondo.

Onda a súa presa dous dolmens de 5.000 anos de antigüidade.




Casiña da Moura

Entrevista a Marta

“Foi unha experiencia inolvidable”



Xiana Pérez A.

MOS/ Marta é unha alumna de 6ºB. Ten espírito aventureiro, camiñou moito nesta excursión e gústalle estar a pasalo ben cos seus amig@s.

- Que tal o pasaches?

- Paseino moi ben.

- Gustouche o Albergue?

- A habitación non, pero as vistas que tiña si.

- Que é o que máis che gustou?

- O que máis me gustou foi o camiñar.

- Onde o pasaches mellor, nas termas ou no Albergue?

- Evidentemente nas termas.

- Cansácheste moito ao camiñar?

- Non, porque levaba sempre o mesmo ritmo.

- A comida estaba boa?

- Non moito, pero había que conformarse.

- Facía bo tempo?

- Bastante bo.

- Durmiches ben na túa liteira?

- Non, porque cada vez que me movía chirriaba.

- Quen construíu os dolmens e para que?

- Uns habitantes moi anteriores aos romanos. Para enterrar as persoas.

- Que che gustou máis, o contacto coa natureza ou os pobos e cidades que visitaches?

- Eu creo que as dúas cousas estiveron bastante ben.

- Como foi a experiencia de estar tanto tempo cos teus compañeiros?

- Moi boa, empecei a comprender como son os seus carácteres.

- Aprendiches algo sobre os romanos?

- Si, porque o profesor explicou moi ben as cousas.

- Para que os romanos construíron a Vía Romana?

-Para unir Brácara Augusta e Astúrica Augusta.

- Gustouche o mosteiro, recordas en que pobo se atopa?

- Si, gustoume moito. Encóntrase en Celanova.

- Que monumento che gustou máis dos que viches?

- O que máis me gustou foi o mosteiro de Celanova.

- Como se chama o río que visitamos?

- O río Caldo, ten a auga quente.

- Coñeces algún outro río que teña auga quente?

- Si, nas beiras do río Miño.

- Que foi o que máis che gustou da vila romana?

- Foron os arcos, porque era impresionante que as pedras aguantaran.

- Mareácheste no autobús?

- Non, pero aburrinme un pouco porque a comisión de cancións non cantaban.

- Que tal se portaron os mestres, pensas que os rapaces deberíamos estarlles agradecidos por levarnos á excursión?

- Si, e debemos agradecérllelo, porque o pasamos moi ben.

07/06/09

Entrevista a Noelia Cabaleiro

Que gran experiencia!!

Laura Costas Alonso
MOS
/Noelia é unha nena de 6°A, que o pasou moi ben na excursión a Ourense.
A miña compañeira Noelia é lista e simpática, pero un pouco "cabezota". Non pensedes mal, que cáeme moi ben.
Vamos ver que tal o pasou na excursión: se Antón lle fixo andar moito, se lle gustou o albergue, etc.



-Resultouche moi longo o traxecto en bus?
-Si que me pareceu moi longo e ademáis mareeime.

-Pareceuche simpática a caída de Miguel ao río?
-Si, foi moi graciosa. Pero…molloume toda.

-Gustáronche as rutas por onde fomos?
-Si, aínda que un pouco cansas.

-Gustouche o albergue?
-Si, aínda que esperábamos outra cousa (o que estaba por fóra moi ben).

-Gustáronche as habitacións?
-Si, as literas, bueno, ao tocalas facían “ñec, ñec”.

-Que che pareceu a comida?
-Estaba moi boa, sobre todo a pizza.

-Gustouche o partido do Manschester United-Barcelona?
-Si que me gustou, aínda que eu case non o mirei.

-Ti cres que a Santi (o do 1,30, o moroso) nós caiámoslle ben?
-Bueno, non sei, creo que un pouco si.


-Que che pareceron as comisións?
-Bueno, todas estiveron ben, menos a de cancións. A de xogos, a de lendas e chistes estiveron ben. Un dos redactores… bueno…non fixo nada.

-Parecíache simpática a xente de por alí?
-Si, porque era moi faladora, indicábanos o camiño…

-Gustouche ir ao museo romano?
-Non moito, era un pouco aburrido.

-Gustouche o campamento romano?
-Era un pouquiño interesante iso de estar asulagado.

-Gustouche a torre de Vilanova?
-Si, era algo interesante.

-Gustouche a Virxe do Cristal?
-A virxe do cristal era moi rara porque estaba dentro dun cristal sen soldaduras.

-Gustouche o sitio onde comemos o 3° día?
-Si, foi moi divertido, pasámolo xenial e, ademáis, había un quiosco.

-Pareceuche bonito o mosteiro de Celanova onde vivía Marosa?
-Si, aínda que Marosa dixo que antes estaba mellor coidado.

-Que termas che gustaron máis as de Outariz ou as de Lobios?
-As de Outariz, porque tiñan máis “piscinas” de auga quente que as de Lobios.

-Pasáchelo xenial nas termas de Outariz?
-Si, foi xenial, porque eran chulísimas e relaxaban moito.

-Parecíanche repugnantes aqueles señores que nos rifaron nas termas de Outariz?
-Si, porque era moi esixentes con nós, menos mal que estaba Marosa, e unha enfermeira que nos defenderon.

-Que día che gustou máis?
-O 3°día foi o máis divertido, porque foi o que menos andamos; Antón invitounos a todos a uns xeados e fomos ás termas de Outariz.

-Cal foi a noite que máis che gustou?
-A noite que máis me gustou foi a segunda noite, porque foi cando máis xogamos e contamos chistes.
-Queimouse moita xente?
-Si, case todo o mundo, incluida eu.

-Que foi o que máis che gustou? E o que menos?
-O que máis me gustou foi ir ás termas de Outariz. E o que menos foi o traxecto en bus.

-Pareceuche curta a viaxe?
-Si, moi curta.

-Volverías repetila?
-Si, unha semana máis.

06/06/09

Entrevista a Eva Castro e Belén Soto


Eva Castro Sueiro é morena e baixa. Ten o pelo curto e negro, e é un pouco cabezona.

Belén Soto Vázquez é alta, ten o pelo longo e castaño, e é unha nena alegre.




-Que foi o que máis che gustou?
E-O que máis me gustou foi o mosteiro.
B-A min o que máis me gustou foi coñecer outros pobos.

-Coñeciches a outras persoas?
E-Si, coñecín a Don Adolfo.
B-Si, coñecín xente dun pobo no que estivemos.

-Durmiches ben?
E-Non, as camas eran moi brandas (di ríndose).
B-Non, as camas movíanse.


-Que che pareceu o albergue?
E-Por fóra gustoume moito, pero por dentro non.
B-Gustáronme os xardíns, a pista de baloncesto…pero por dentro non.

-Que che pareceu o campamento romano?
E-Gustoume moito.
B-Era bonito.


-Gustouche o mosteiro?
E-Si, gustáronme especialmente as figuras.
B-Si, pareceume moi bonito,encantoume.

-Que tal o pasaches nas termas de Outariz?
E-Ben, pero algunhas persoas eran moi maleducadas…(di ríndose).
B-Moi ben, divertímonos moito.

-Que opinas do sendeirismo?
E-Antón fíxonos camiñar moito na ruta de Pitoes a Requiás.
B-Foi canso, pero bonitas as paisaxes.


-Parecéronche moi longas as caminatas?
E-Si, demasiado longas.
B-Si, un pouco longas de máis.


-Facía moita calor?
E-Si, demasiada.
B-Si, a parte camiñando…


-Que che pareceron as actividades e os xogos?
E-Parecéronme divertidos.
B-Bueno…estiveron ben.


-Houbo algún problema cos compañeiros?
E-Non, relacionámosnos ben.
B-Non, en xeral comportámonos ben.


-Pasáchelo ben?
E-Si, divertímonos moito.
B-Si, moi ben.


-Que foi o que menos che gustou?
E-Camiñar.
B-Subir tantas costas.

-Era a primeira vez que facías unha saída coma esta?
E-Si, a primeira vez.
B-Non, xa fora a outras excursións coma esta.


-Cansácheste moito?
E-Si, demasiado.
B-Si, un pouco.


-Querías quedar máis días?
E-Si, tamén quería quedar o fin de semana.
B-Si, algúns días máis.

-Deberían facerse máis coma esta?
E-Si, son moi divertidas.
B-Si, porque o pasamos moi ben.


-A onde che gustaría ir se foras a outra?
E-A Santiago de Compostela.
B-Á Coruña.


-Que che pareceu esta saída?
E-Moi divertida.
B-Moi boa e divertida.

05/06/09

Entrevista a Selena

"Gustaríame ir outra vez"

Desirée Gómez
MOS/
Selena é unha rapaza que vai
en 6ºB no colexio Pena de Francia.
Pasouno moi ben na excursión de
fin de curso a Ourense, e ímoslle
facer unha entrevista para saber
como o pasou.

- Que che pareceu a excursión?
- Pareceume moi ben, porque traballamos moito para que saíra todo moi ben.


- Que día foi o mellor?
- Gustáronme o primeiro e o último, pero sobre todo o último porque foi no que mellor o pasei.


-Gustouche estar nas termas?
-Si, encantoume porque me relaxaba.


-Que tal durmiches os dous días?
-Moi ben, só que ao día seguinte ás 8:30 da mañá custaba erguerse.


-Quererías estar máis días?
-Si, teño moitas ganas de volver.


-Pareceuche ben esta saída?
-Si.


-Pareceuche agotadora?
-Si, porque as rutas eran moi longas e case sen parar.


-Gustouche o albergue “O Corgo”?
-Si, aínda que o baño cheiraba un pouco mal.


-Gustouche o sitio?
-Si, gustoume moito porque tiña vistas ao lago.


-Gustouche o museo “Aquis Querquennis”?
-Non, pareceume moi aburrido.


-Facía moita calor?
-Si, asábaste de calor.


-Que che pareceu o almorzo?
-Pareceume ben, estaba moi rico.


-A cea?
- Encantoume, sobre todo o polo con patacas.


-E o xantar?
-Si, porque gústame ir de picnic.


- Deuche pena marchar?
- Si, porque agradaríame estar máis días.


- Que foi o que máis che gustou?
- O que mais me gustou foron as termas.


- Que tal o pasaches?
- Paseino moi ben e divertinme moito.


- Con quen o pasaches mellor?
- Coas miñas compañeiras de habitación “Serra do Pisco”.


-Tes ganas de volver?
- Si, gustaríame ir outra vez.


- Que foi o que menos che gustou?
- O museo “Aquis Querquennis”.


-Gustouche o mosteiro de Celanova?
- Si, gustoume moito.


-Que tal a convivencia coas túas compañeiras?
- Moi boa, divertida.


-E compañeiros e profes?
-Tamén.


-Tiñas ganas de volver a túa casa?
-Noon!!


-Gustáronche as rutas de sendeirismo?
- Si, había unha paisaxe moi bonita.




Esta entrevista está dedicada ao blog “Andaescola”.


Entrevista a Adrián


Antonio da Costa Ferreira/ MOS

Adrián pareceume que foi o que máis atento estivo. É de pelo longo e negro, cara ancha e nariz chato, pernas longas e ollos pequenos.


- ¿Parecéronche longas as camiñatas?
- As dos miliarios, normal; a do Xurés, moi longa.


- ¿Que tal durmiches nas literas?

- Ao principio ía durmir na de arriba, pero ao final tiña medo a caír e fun á de abaixo.


- ¿Que tal che pareceu a excursión?
-
Moi divertida, curiosa e didáctica…


- ¿Como che pareceron os paseos pola cidade e mais polo monte?

- Pola cidade había demasiada xente e polo monte cansaba máis.


- ¿A que outra excursion che gustaría ir?
- Á Illa de Xamaica pola paisaxe e polas augas do Atlántico e mais as do Caribe.


- ¿Qué che gustou máis da excursion?
-
O estar cos amigos e amigas e pasalo ben.


- ¿Que farias ti só se foras sen profes?
-
Intentar facer as rutas eu e mais os compañeiros.


- ¿Como prefires ir polo monte, a cabalo ou a pé?

- A cabalo, porque é distinto e máis bonito.


- ¿Pareceuche espacioso o albergue no que estivemos?

- A verdade é que para ter catro literas era ben grande.


- ¿Con quen prefirirías durmir?
-
Cos que durmín e mais Antonio.


- ¿Cres cos profes portáronse ben con nós?

- A verdade é que si, fixéronnos a vista gorda.


- ¿E que tal nas termas?

- Moi relaxante.


- ¿Para ti facía moita calor?
-
Aguantábase, nas de moi quente non tanto.


- ¿Ou queríalas máis fresquiñas?
-
A de frío era bastante fresca.


- ¿Comiches ben no albergue?

- Comíase ben, pero sobraba pola cantidade que servían.


- ¿Pareceuche bonito o Xurés?
- Tiña unhas vistas preciosas.


- ¿Aburrícheste no autobús?
-
Non, porque ía falando cos compañeiros.


- ¿Gustáronche as termas de Río Caldo?
-
Eran moi bonitas e no río tamén había auga quente.


- ¿Gustouche o mosteiro de Celanova?
-
Si, era moi bonito e antigo.


- ¿Volverías repetir?

- Encantoume, sen dúbida


- ¿Pareceuche unha experiencia única?
-
A verdade é que si, moi bonita.


- ¿Gustouche o trato no hostal?
-
Un trato agradable e bo.


- ¿En Portugal gustáronche os miliarios?
-
Eran bonitos e curioso o seu uso.


- ¿Cres que aprendiches algo da natureza?
-
Coñecín árbores que non coñecía.

03/06/09

Facendo memoria (II)



Comida e xogos onda os miliarios

























Camiños que discorren pola antiga vía romana, a Via Nova






Pequenos erros sempre ben levados













Ríos que baixan bravos e amansan nas pozas
Augas cristalinas e puras








Buscando a fervenza maior






Costas empinadas
que soben
e miran cara ao ceo








O val do Caldo alá abaixo, aos nosos pés

















Augas quentes, enfornadas no interior da terra. Augas naturais.