Álex G. Moldes
MOS/ Samuel é un neno que o pasou moi ben na excursión. Xogou ao baloncesto, fútbol, pano, sardiña... Tamén disfrutou nas augas termais.

Samuel é moi intelixente e listo.
- A onde fostes o primeiro día?
- Á Mata de alberguaría e ao paseo da Corga da Fecha.
- Como o pasaches o primeiro día?
- Paseino moi ben, porque vimos moitas cousas.
- Pasáchelo ben pola noite?
- Si, porque contamos chistes e historias de risas.
- Onde estiveches o segundo día?
- En Aquis Querquennis, é o museo de Interpretación, e en Pitoes.
- Gustouche o segundo día?
- Gustoume un pouco, porque tivemos que andar moito e case nos perdemos, pero tamén gustoume porque vimos cousas moi chulas.
- Gustouche a segunda noite?
- Sí, porque contaron lendas e xogamos ao pano e ao escondite.
- Que vistes o terceiro día?
-Vimos Celanova e Vilanova dos Infantes e as termas.
- Gustáronche as termas?
- Sí, porque estaba tranquilo.
- Vístedes algún animal autóctono?
- Si, a vaca cachena.
- Gustouche o albergue?
-Si, porque tiña moitas instalacións.
- Que tal durmiches?
- Ben, porque a cama era moi cómoda.
- Con quen durmiches?
- Cos meus amigos Guillerme, Jorge, Adrián, Jesús, Javi, David.
- Algún compañeiro mancouse?
- Si, Miguel e a Profesora Marosa.
- A que xogaches?
- Ao fútbol, ao baloncesto, ao pano, ao escondite e á sardiña.
- Viches miliarios?
- Si, vimos miliarios nas rutas.
- Que tal o pasaches nas termas?
- Ben, porque xogamos todos xuntos.
- Gústache nas termas, auga quente ou fría?
- Gustoume máis a auga quente.
- Andivestes moito?
- Si, porque fixemos moitas rutas.
- Coñeciches a alguén?
- Si, coñecemos algúns buceadores.
- Queres volver?
- Gustaríame moito volver.
Samuel:
ResponderEliminarGustouche a nosa entrevista?
Samuel, primeiro tedes que acabala; despois vén a valoración.
ResponderEliminarFalta a presentación do entrevistado e o titular. Cando estea completa, respondo.
Non foi sen tempo! Xa pensei que ía quedar sen rematar esta entrevista.
ResponderEliminarA entrevista está ben feita e ordenadiña, o cal é de agradecer. As respostas non son moi longas (coma as que vemos nos xornais), pero aclaran bastante ben. En fin, quedo satisfeito.
Sabes, boto en falta unha pregunta (para ti e Joaquín pareceríame normal). Podía ser máis ou menos así: "Afectouche que fose teu pai ou nin notaches que estaba alí con nós?". Esta era unha pregunta que Álex, o teu entrevistador, debía aproveitar.