"RODEADA DUNHA PAISAXE MOI BONITA"
Sandra Bastos Teijeira
MOS/ Sara é moi simpática e divertida, porque sempre está xogando;
tamén é moi alegre, case nunca se enfada.
Sara fisicamente é alta,
loira e branca de tez,
e é moi guapa...
- Gustouche o que fixemos o primeiro día?
- Si,porque xa empezamos a ver paisaxes moi bonitas.
- Gustouche o de facer o traballo do río e atopar as árbores?
- Si, porque asi mentres camiñabamos entretiñámonos nalgo.
- Gustouche cando nos deixaron cruzar o río,caíches?
- Si, porque foi unha esperiencia moi bonita pa min e non caín.
- Que che pareceu a ruta romana?
- Pois moi bonita e que estaba rodeada dunha paisaxe moi bonita.
- Gustouche a fervenza máis grande?
- Si,porque era moi grande e eu non vira unha así.
- Gustouche cando subimos a vela?
- Si,pero foi un camiño moi inclinado e con pedras.
- Canda chegamos ao albergue gustouche o que había ao redor?
- Si, porque tiñamos onde xogar e a paisaxe moi bonita.
- Gustouche o segundo día?
- Si, porque nos ensinaron un vídeo dos romanos no museo de Aquis Querquennis.
- Que che pareceu o campamento romano de Aquis Querquennis?
- Foi bonito, pero a auga non nos deixou ver ben as outras cousas de alí, e tamén tiña unha paisaxe moi bonita.
- Gustouche a ruta de Pitoes de Junias-Requiás?
- Si, pero foi demasiado cansa.
- Canto cres que andariamos ese día?
- Uns 10 km polo menos.
- Pareceuche moita a calor que facía?
- Si, porque estabas cansa e non tiñas moita auga.
- Gustáronche as lendas que houbo a 2ª noite?
- Si, e máis que as outras, porque xogamos a moitos xogos.
- Que che pareceu o terceiro día?
- Ben, e moito máis cós anteriores, porque andamos moito menos.
- Que che pareceu o mosteiro e a catedral?
- Ben, porque eran moi grandes e tiñan figuras moi grandes.
- Que che gustou máis do que vimos na torre?
A maqueta coas luces que nos ensinaron ao principio.
- Que che pareceu a Virxe do Cristal?
- Moi bonita pola historia que nos contou o cura e polo pequena que era.
- Gustáronche as termas? Por que?
- Si, porque era auga quente e nunca estivera nunha.
- Cal che gustou máis das termas, as que fomos o primeiro día ou as do terceiro?
- As do terceiro porque estaban menos quentes e había fría.
- De todo, que che gustou máis?
- As paisaxes e as termas porque nunca estivera nunhas.
- Todas as comisións funcionaron ben?
- Todas non, as de marcha non moi ben e as de cancións nada ben. As outras, ben.
- Volverías outra vez?
- Si, porque todo era moi bonito.
Samuel:
ResponderEliminarA comision de marcha foi a mellor.