Calor abafante, costa, sede (menos mal que auga fresca había!).... Alá, no alto e ao fondo, Fontefría, penedas en resalte ás que deixamos de lado e non fomos.
Pitoes de Júnias, un pobo portugués a máis de 1.100 m de altura. Casas apiñadas, de granito e moitas aínda con unha rea de pedras no pincho do tellado que cortaba o vento e impedía que este fixese voar os antigos tellados de palla.
As sombras eran poucas. Aquí os cerquiños ou rebolos asombraban a liña da beira. Algúns aproveitaban esa liña de sombra (competentes); outros non.
Uns soben mellor,
outros como poden.
Na Portela de Pitoes unha mámoa separaba os dous territorios, xusto no medio e medio do seu altiño estaba o marco.
Á sombra de uns piñeiros silvestres comemos. Era o único sitio onde facía fresco.
Na baixada fomos deixando á dereita a Serra do Pisco, tinguida de cor amarela.
Máis abaixo, un regato pola dereita afondou moito o seu cauce, formou unha fervenza coincidindo co terreo duro e no seu arredor existen varios muíños abandonados.
Espera longa polo autobús en Requiás co encoro de Salas ao fondo.
Onda a súa presa dous dolmens de 5.000 anos de antigüidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário