05/06/09

Entrevista a Adrián


Antonio da Costa Ferreira/ MOS

Adrián pareceume que foi o que máis atento estivo. É de pelo longo e negro, cara ancha e nariz chato, pernas longas e ollos pequenos.


- ¿Parecéronche longas as camiñatas?
- As dos miliarios, normal; a do Xurés, moi longa.


- ¿Que tal durmiches nas literas?

- Ao principio ía durmir na de arriba, pero ao final tiña medo a caír e fun á de abaixo.


- ¿Que tal che pareceu a excursión?
-
Moi divertida, curiosa e didáctica…


- ¿Como che pareceron os paseos pola cidade e mais polo monte?

- Pola cidade había demasiada xente e polo monte cansaba máis.


- ¿A que outra excursion che gustaría ir?
- Á Illa de Xamaica pola paisaxe e polas augas do Atlántico e mais as do Caribe.


- ¿Qué che gustou máis da excursion?
-
O estar cos amigos e amigas e pasalo ben.


- ¿Que farias ti só se foras sen profes?
-
Intentar facer as rutas eu e mais os compañeiros.


- ¿Como prefires ir polo monte, a cabalo ou a pé?

- A cabalo, porque é distinto e máis bonito.


- ¿Pareceuche espacioso o albergue no que estivemos?

- A verdade é que para ter catro literas era ben grande.


- ¿Con quen prefirirías durmir?
-
Cos que durmín e mais Antonio.


- ¿Cres cos profes portáronse ben con nós?

- A verdade é que si, fixéronnos a vista gorda.


- ¿E que tal nas termas?

- Moi relaxante.


- ¿Para ti facía moita calor?
-
Aguantábase, nas de moi quente non tanto.


- ¿Ou queríalas máis fresquiñas?
-
A de frío era bastante fresca.


- ¿Comiches ben no albergue?

- Comíase ben, pero sobraba pola cantidade que servían.


- ¿Pareceuche bonito o Xurés?
- Tiña unhas vistas preciosas.


- ¿Aburrícheste no autobús?
-
Non, porque ía falando cos compañeiros.


- ¿Gustáronche as termas de Río Caldo?
-
Eran moi bonitas e no río tamén había auga quente.


- ¿Gustouche o mosteiro de Celanova?
-
Si, era moi bonito e antigo.


- ¿Volverías repetir?

- Encantoume, sen dúbida


- ¿Pareceuche unha experiencia única?
-
A verdade é que si, moi bonita.


- ¿Gustouche o trato no hostal?
-
Un trato agradable e bo.


- ¿En Portugal gustáronche os miliarios?
-
Eran bonitos e curioso o seu uso.


- ¿Cres que aprendiches algo da natureza?
-
Coñecín árbores que non coñecía.

3 comentários:

  1. Laura e Noelia din: Profe xa vamos espéranos.

    ResponderEliminar
  2. gustariame ir a excursion para pasalo ben con todos os meus compañeiros.
    un saudo
    santi

    ResponderEliminar
  3. Paseino moi ben na excursion cos compañeiros e foi moi bonita e pasamolo macanudamente

    ResponderEliminar