23/04/09

Vaca cachena


A nosa aprendizaxe farémola nós mesmos.

Os mestres parecen que pintan menos (pobriños! Non se lles pode dicir iso); mais realmente acrecentan a súa importancia. Crean situacións, algunhas veces fóra, de interese para nós e para as distintas materias de ensino, e... nós buscámoslles solución.

Dese xeito é como aprendemos. Con casos reais.

Algunhas veces traballamos con metros, calculadoras... sobre o terreo.

Outras cómpre buscar información... ou actividades de diversas asignaturas, e facémolo
sobre todo na gran "rede" ou internet.



Toca agora unha de busca e selección de información.


Pode ser en grupo ou individual.

E responder... claro, escribindo ben.










A vaca cachena é unha especie de vaca linda, moi curiosa e simpática. É moi tranquila e nada agresiva, mais cando a temos diante ... mete algo de respecto e impón moito.
O que ten de escasa en certas partes está sobrada noutra!

É unha vaca autóctona que houbo desaparecer (estivo a piques de extinguirse) e hoxe estase a recuperar. O mellor de ela é que é resistente e que se adapta moi ben ás zonas montañosas.

Onde máis abunda é na parte occidental do parque do Xurés (por Olelas...).


Dános 2 características físicas de esta raza bovina.



17 comentários:

  1. Selena 6ºB:

    Non atopo a suficiente información par responder a pregunta das Vacas Cachenas.

    ResponderEliminar
  2. Belén di:
    A vaca cachena é unha vaca de mediano tamaño e cuns cornos de gran tamaño.

    ResponderEliminar
  3. Selena, os Google, yahoo... serven para algo. Apórtannos fotos ("imaxes"), información escrita e fotos ("web")...

    Belén, só tes un medio (versión matemática) da resposta ben. A ver cal é a que hai que mellorar... e a mellorala.
    Agardo nova resposta túa.

    ResponderEliminar
  4. Eva Castro di: A vaca cachena e coma unha vaca normal pero cuns cornos de grande tamaño.Nunha noticia que lein en "google" dicia que a vaca cachena estaba en extinción.

    ResponderEliminar
  5. Samuel:A vaca cachela e a vaca máis pequena do mundo e ten uns cornos moi longos.

    ResponderEliminar
  6. É pequena, das máis pequenas do mundo; pero non é a máis, máis pequena. Hai, polo menos, unha raza aínda máis pequena en Europa.
    A ver, cal é a súa estatura media?

    ResponderEliminar
  7. Belén di:
    A vaca cachena mide 110 cm.

    ResponderEliminar
  8. cincuenta mil toneladas e 70 mil metros e un monstruo mecago qe me come

    ResponderEliminar
  9. Laura Veiga :
    A vaca cachera é linda, curiosa e simpatica.

    ResponderEliminar
  10. Samuel:

    A vaca cachela mide 115cm.

    ResponderEliminar
  11. Alexandre:
    A vaca cachela mide 115cm e ten uns cornos moi longos

    ResponderEliminar
  12. Laura Costas di:A vaca cachena te uns cornos moi longos e é moi pequena mide 117cm,e a máis pequena de España.

    ResponderEliminar
  13. mide 310 cm
    Laura Veiga

    ResponderEliminar
  14. Eva Castro di: A vaca cachena e maís pequena de España.mide 116cm.

    ResponderEliminar
  15. Samuel:
    A vaca cachena mide 115 cm.

    ResponderEliminar
  16. Alexandre:
    A vaca cachena mide 115 cm e ten uns cornos moi longos.

    ResponderEliminar
  17. sobre uns 110 centometros
    e uns cornos qe non poden con eles
    soio yooooooo
    david e iago

    ResponderEliminar