01/05/09

Encargámonos...



Imos animar a saída e cada un vaise encargar e responsabilizar de algo.

É a nosa saída e a nosa convivencia. Participamos, logo, na maneira de facela.

Sempre activos; unhas veces simplemente participando , outras dirixindo para que saian ben ... e ao noso gusto.


O que ben se prepara, ben sae.

Mirade as opcións e... xa falaremos e faremos grupos.


Comisión de redacción das noticias que creamos

2 grupos de 2-3 redactores

Redactarán as noticias do día. En xeral, un grupo fará a mañá, outro a tarde.

Farano en Open Of. Writter ou en Word. Logo, pasarase ao blog “Andaescola

” e colgarase na rede para todo o público no lugar que se poida facer (conexión a Internet). Levaremos o miniportátil.

Traballarase a noticia e servirá para nais, pais, outro alumnado… fagan o noso seguimento.


Comisión da boa organización e marcha

Encargarase de crear listados de material a levar e consellos de funcionamento.

Serán os responsables de que isto se cumpra ben.

  • Listado de cousas importantes que teremos que levar cada un de nós na mochila individual (hixiene...)

  • Listado de material para todo o grupo que teremos que levar (botiquín, teléfono móbil, teléfonos de alumnado e colexio, minicomputador portátil...)

  • Listado de consellos para cando fagamos percorrido a pé.

  • Listado de consellos para cando nos movamos en autobús (dentro ou nas súas proximidades).


Comisións de animación

Xogos

Organizarán, dirixirán, animarán e controlarán o tempo de xogo

  • Encargaranse de preparar e dirixir xogos populares.

  • Encargaranse de dar entrada a outros xogos (fútbol...) na área recreativa de Muíños

  • Controlarán os materiais correspondentes e necesarios para eses xogos.

Cancións

Buscarán cancións axeitadas, aprenderanas e serán os animadores musicais

  • Farán un listado pequeno de cancións fáciles de cantar coa correspondente letra para cantar

  • Ensaiarán esas cancións

Lendas e contos

Aprenderán dúas lendas (unha para cada noite), representaranas (antes ensaiarán a súa representación), aprenderán contos e chistes para as veladas. Daranlle vez a calquera que queira contar outros contos e chistes.

Lendas representadas, contos, chistes ao redor do círculo de lume (candeas) a modo de velada.


14 comentários:

  1. Belén di:
    Paréceme ben o das comisións para a excusión.
    Gústame o das cancións.

    ResponderEliminar
  2. Desirée Gómez Vaqueiro01/05/09, 15:42

    Eu quero o de comisions de redacción das noticias que creamos, gustame moito o de os ordenadores.

    un bico.

    ResponderEliminar
  3. Pareceme todo moi ben.Gustame o das comisións

    Eva Castro

    ResponderEliminar
  4. me parece moi ben as das comisions

    ResponderEliminar
  5. Belén di:
    Confundínme,gústame o de redacción das noticias.

    ResponderEliminar
  6. Eva López Riveiro di:A min gústame o da boa organización e marcha.

    ResponderEliminar
  7. Belén di:
    Gustaríame tanto o de comisión da boa organización e marcha,coma o de redacción.

    ResponderEliminar
  8. Miguel di:
    Gustame a comision de lendas, contos, chistes...

    ResponderEliminar
  9. Erea di:

    Amin gustariame a comisión da boa organización e marcha, sinon comisiòn de redacción das noticias que creamos.

    ResponderEliminar
  10. Amin gustame o de redaccion das noticias que creamos o senon se pode pos o de comisión da boa organización e marcha.

    un bico

    ResponderEliminar
  11. Selena di:
    Amin gustariame a comisión de noticias que creamos ou se non o da organización.

    ResponderEliminar
  12. Que ben, encargareime da comisión de redacción.
    Estou desexando ir a excursión.

    Marta/ 6ºB

    ResponderEliminar
  13. Belén di:
    Alégrome de que me tocara a comisión da boa organización e marcha.

    ResponderEliminar
  14. Eu, Belén (e todos e cada un dos demais), tamén me alegro de que cadaquén quedarades contentos coa comisión na que vos metestes.

    E... aínda me alegra moito máis ver como facedes vosa a saída: participades, decidides, responsabilizádesvos... disfrutádela.

    ResponderEliminar