20/05/09

Miliario en Mos


Foto retirada

Mos conta con un miliario.
É un só, pero teno.
É o que ves arriba.
Ademais non cambiou de sitio, xamais o trasladaron. Algo intentaron. A dicir verdade estivo a punto de marchar para o Museo de Pontevedra e onde está deixar unha copia; outro miliario falso que parecía calcado ao que hai, mais noviño; facíano para que non se perdese; mais... a xente da zona non estaba por perdelo e opúxose ("o Marco de aquí non se move"). E alí quedou mirando cara ao ceo.


Este miliario de Mos tivo certa devoción, talmente coma se for un cruceiro, e dicían as xentes do lugar que favorecía os embarazos. Era coñecido para este fin e atraía a algunhas mulleres que querían ter fillos e que non o lograban. Refregábanse nel. Por iso mesmo, algunhas persoas aínda lle chaman a "Pedra das Preñadas".

Ten varias letras gravadas, mais é difícil distinguilas. Houbo novos gravados por riba e ... sobre todo ten moitas cruces; claro, estas cruces fixéronllas moito despois dos romanos.


Onde está este miliario de Mos?

20 comentários:

  1. Este miliario está en Guizán.

    ResponderEliminar
  2. Eva López Riveiro21/05/09, 09:38

    Está en Guizán.

    ResponderEliminar
  3. Samuel:
    O miliario atopase en Guízan.

    ResponderEliminar
  4. Noelia:
    En Santiaguiño

    ResponderEliminar
  5. esta en Santiaguiño de anta
    Joaqin Campo Carballido

    ResponderEliminar
  6. david alonso perez
    en mos



    pero creo qe en guizan

    ResponderEliminar
  7. Sara Cabaleiro Cebreiro 6ªA:O muiño está posto en Santiagiño.

    ResponderEliminar
  8. Omiliario encotrase en Guízan

    Alexandre 6ºA

    ResponderEliminar
  9. Samuel:
    Trabuqueime dise Guizán.

    ResponderEliminar
  10. Noelia di:
    Rectifico, está en Guizan(Santiaguiño)

    ResponderEliminar
  11. Sandra 6ºA:
    O miliario de Mos está en Santiaguiño.

    ResponderEliminar
  12. Laura di:

    Atópase en Santiaguiño de Anta(Guizán).

    ResponderEliminar
  13. Joaquín Campo rectifica:
    Está en Santiaguiño de Anta - Guizán onde fixen o cortometraxe.

    ResponderEliminar
  14. Eu Sara Cabaleiro Cebreiro rectifico:O Muliario de santiaguiño.

    ResponderEliminar
  15. O miliario esta en Guízan.

    Manuel Campo Leirós

    ResponderEliminar
  16. Xiana di:
    En Mos Guizán no camiño de Santiago que pasa pola capilla de Santiaguiño de Anta.

    ResponderEliminar
  17. Este miliario está en Santiaguiño (Guizán)

    ResponderEliminar
  18. Antonio:atópase en Guizan

    ResponderEliminar
  19. Está en Santiaguiño entre Mos e Redondela.

    Selena Serra.

    ResponderEliminar
  20. Este miliario está tal como moitos dixestes, en Santiaguiño de Antas, en Mos, xa no límite con Redondela. Foi utilizado, coma ocorre en moitos outros lugares, para marcar territorios: demarca Mos e Redondela; máis aínda, parece que tamén fai de separación das parroquias de Guizán e Louredo, as dúas de Mos, e de estas con Vilar de Infesta, de Redondela.
    Esa zona, bastante plana ou chan, é moi rica en antas ou dolmens, normalmente coa correspondente mámoa. Á só 100 m cara ao norte xa hai unha, case ao lado do campo de fútbol. Forma un montiño pequeno e xusto por riba de ela pasa un carreiro moi utilizado por moteiros.

    ResponderEliminar