28/05/09

Día de moita calor e a subida de Pitoes de Júnias á Portela de Pitoes fíxose moi dura. A baixada a Requiás xa foi asequible. Xantamos na cima, na Portela; era no único sitio onde houbo fresco. Onda o encoro do Salas vimos dous dolmens.

Pola mañá fomos ao Centro de Interpretación de Aquis Querquennis: explicáronnos como era o campamento romano e a mansión que está ao lado. Despois vimos as súas ruínas.

No albergue e arredores, todo ben: bonito e permite xogar moito.

Mañá, ás 8 e media da tarde no colexio.

6 comentários:

  1. Temos envexa!
    Que ganas de estar aí con vós.
    As vosas fotos xa están polo colexio.
    Ata pronto.
    Carmina

    ResponderEliminar
  2. Non hai maior satisfacción que ver cumpridos os desexos e se estes supuxeron un esforzo a ledicia é moito maior. ¡¡Noraboa !!!!
    Luis Q....

    ResponderEliminar
  3. Vexo caras moi alegres,pero mochilas mal colocadas e non sei se rirán esas espaldas!!!!!!!!!!!!!!!Un despiste teno calquera.

    efpenafran

    ResponderEliminar
  4. Unha boa experiencia. Con esforzo se conseguen moitas cousas.
    Parabéns para todos.
    Un saúdo
    Manolo

    ResponderEliminar
  5. Que sorte, que ben o estades pasando, e cantas cousas estades aprendendo, encantoume a foto coas velas de noite, moi boa. Selene, xa sei que o estás pasando moi ben, díxomo Evia, un bico para Noelia de parte de Iria e Alejandro mándallo a Joaquín e por suposto a súa nai. Bicos para todos e todas.

    Ana

    ResponderEliminar
  6. Buuf... Si que andamos ese día.

    Teño unha cara de cansa...

    un bico

    ResponderEliminar