Mostrar mensagens com a etiqueta Fundamentos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Fundamentos. Mostrar todas as mensagens

05/02/09

Construíndo o noso camiño



Caminante, son tus huellas
el camino y nada más;
caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.

Al andar se hace camino
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.

Caminante no hay camino
sino estelas en la mar...




Como dixo o poeta Antonio Machado
, castelá aínda que descendente de galego, cada un de nós temos que buscar e construír día a día, hora a hora, paso a paso, o noso camiño, esa liña ou ruta que queremos seguir e tomar.
Facendo camiño. O teu, o meu... O NOSO.


A ver se somos quen de atopalo... e seguilo.
Cando o teñamos conquerido, teremos moito andado!

09/01/09

Andaescola: Convive, coñece e vive



Un proxecto escolar para o 2.008-09.

Un proxecto que pon remate, enriquece e dá sentido a toda unha longa fase escolar do noso alumnado de 6º.


Este proxecto pretende:
  • Traballar primordialmente as competencias relacionadas coas actitudes e experiencias na educación do noso alumnado mediante unha saída de 3 días de duración.
  • Formar a cada membro do noso alumnado como persoa a nivel individual e como parte integrante de un grupo co que leva longo percorrido e dentro do que quere compartir e interactuar de xeito autocrítico.
  • Desenvolver e pór en práctica o dominio das diversas competencias por parte do noso alumnado.
  • O traballo en equipo dos distintos sectores que conformamos a comunidade educativa: alumnado, profesorado e nais-pais.
  • Convivir, xogar, facer e experimentar xuntos lonxe da nosa casa.
  • Aunar estudo e diversión (Por que hai augas quentes naturais - bañámonos en Outariz).
  • Fomentar o coñecemento e uso das TIC.
  • Fomentar o uso da rede (internet) como fonte de información e participación.
  • Mudar pouco a pouco o rol do mestre encamiñándoo cara un mediador no proceso de ensino.
  • Construír A Escola fóra da escola.