09/06/09

Entrevista a Samuel Diéguez

Nas termas paseino ben porque xogamos todos xuntos

Álex G. Moldes

MOS/ Samuel é un neno que o pasou moi ben na excursión. Xogou ao baloncesto, fútbol, pano, sardiña... Tamén disfrutou nas augas termais. Estivo con nenos e nenas sen distinción.

Samuel é moi intelixente e listo.




- A onde fostes o primeiro día?

- Á Mata de alberguaría e ao paseo da Corga da Fecha.

- Como o pasaches o primeiro día?

- Paseino moi ben, porque vimos moitas cousas.

- Pasáchelo ben pola noite?

- Si, porque contamos chistes e historias de risas.

- Onde estiveches o segundo día?

- En Aquis Querquennis, é o museo de Interpretación, e en Pitoes.

- Gustouche o segundo día?

- Gustoume un pouco, porque tivemos que andar moito e case nos perdemos, pero tamén gustoume porque vimos cousas moi chulas.

- Gustouche a segunda noite?

- Sí, porque contaron lendas e xogamos ao pano e ao escondite.

- Que vistes o terceiro día?

-Vimos Celanova e Vilanova dos Infantes e as termas.

- Gustáronche as termas?

- Sí, porque estaba tranquilo.

- Vístedes algún animal autóctono?

- Si, a vaca cachena.

- Gustouche o albergue?

-Si, porque tiña moitas instalacións.

- Que tal durmiches?

- Ben, porque a cama era moi cómoda.

- Con quen durmiches?

- Cos meus amigos Guillerme, Jorge, Adrián, Jesús, Javi, David.

- Algún compañeiro mancouse?

- Si, Miguel e a Profesora Marosa.

- A que xogaches?

- Ao fútbol, ao baloncesto, ao pano, ao escondite e á sardiña.

- Viches miliarios?

- Si, vimos miliarios nas rutas.

- Que tal o pasaches nas termas?

- Ben, porque xogamos todos xuntos.

- Gústache nas termas, auga quente ou fría?

- Gustoume máis a auga quente.

- Andivestes moito?

- Si, porque fixemos moitas rutas.

- Coñeciches a alguén?

- Si, coñecemos algúns buceadores.

- Queres volver?

- Gustaríame moito volver.

3 comentários:

  1. Samuel:
    Gustouche a nosa entrevista?

    ResponderEliminar
  2. Samuel, primeiro tedes que acabala; despois vén a valoración.
    Falta a presentación do entrevistado e o titular. Cando estea completa, respondo.

    ResponderEliminar
  3. Non foi sen tempo! Xa pensei que ía quedar sen rematar esta entrevista.

    A entrevista está ben feita e ordenadiña, o cal é de agradecer. As respostas non son moi longas (coma as que vemos nos xornais), pero aclaran bastante ben. En fin, quedo satisfeito.

    Sabes, boto en falta unha pregunta (para ti e Joaquín pareceríame normal). Podía ser máis ou menos así: "Afectouche que fose teu pai ou nin notaches que estaba alí con nós?". Esta era unha pregunta que Álex, o teu entrevistador, debía aproveitar.

    ResponderEliminar