07/06/09

Entrevista a Noelia Cabaleiro

Que gran experiencia!!

Laura Costas Alonso
MOS
/Noelia é unha nena de 6°A, que o pasou moi ben na excursión a Ourense.
A miña compañeira Noelia é lista e simpática, pero un pouco "cabezota". Non pensedes mal, que cáeme moi ben.
Vamos ver que tal o pasou na excursión: se Antón lle fixo andar moito, se lle gustou o albergue, etc.



-Resultouche moi longo o traxecto en bus?
-Si que me pareceu moi longo e ademáis mareeime.

-Pareceuche simpática a caída de Miguel ao río?
-Si, foi moi graciosa. Pero…molloume toda.

-Gustáronche as rutas por onde fomos?
-Si, aínda que un pouco cansas.

-Gustouche o albergue?
-Si, aínda que esperábamos outra cousa (o que estaba por fóra moi ben).

-Gustáronche as habitacións?
-Si, as literas, bueno, ao tocalas facían “ñec, ñec”.

-Que che pareceu a comida?
-Estaba moi boa, sobre todo a pizza.

-Gustouche o partido do Manschester United-Barcelona?
-Si que me gustou, aínda que eu case non o mirei.

-Ti cres que a Santi (o do 1,30, o moroso) nós caiámoslle ben?
-Bueno, non sei, creo que un pouco si.


-Que che pareceron as comisións?
-Bueno, todas estiveron ben, menos a de cancións. A de xogos, a de lendas e chistes estiveron ben. Un dos redactores… bueno…non fixo nada.

-Parecíache simpática a xente de por alí?
-Si, porque era moi faladora, indicábanos o camiño…

-Gustouche ir ao museo romano?
-Non moito, era un pouco aburrido.

-Gustouche o campamento romano?
-Era un pouquiño interesante iso de estar asulagado.

-Gustouche a torre de Vilanova?
-Si, era algo interesante.

-Gustouche a Virxe do Cristal?
-A virxe do cristal era moi rara porque estaba dentro dun cristal sen soldaduras.

-Gustouche o sitio onde comemos o 3° día?
-Si, foi moi divertido, pasámolo xenial e, ademáis, había un quiosco.

-Pareceuche bonito o mosteiro de Celanova onde vivía Marosa?
-Si, aínda que Marosa dixo que antes estaba mellor coidado.

-Que termas che gustaron máis as de Outariz ou as de Lobios?
-As de Outariz, porque tiñan máis “piscinas” de auga quente que as de Lobios.

-Pasáchelo xenial nas termas de Outariz?
-Si, foi xenial, porque eran chulísimas e relaxaban moito.

-Parecíanche repugnantes aqueles señores que nos rifaron nas termas de Outariz?
-Si, porque era moi esixentes con nós, menos mal que estaba Marosa, e unha enfermeira que nos defenderon.

-Que día che gustou máis?
-O 3°día foi o máis divertido, porque foi o que menos andamos; Antón invitounos a todos a uns xeados e fomos ás termas de Outariz.

-Cal foi a noite que máis che gustou?
-A noite que máis me gustou foi a segunda noite, porque foi cando máis xogamos e contamos chistes.
-Queimouse moita xente?
-Si, case todo o mundo, incluida eu.

-Que foi o que máis che gustou? E o que menos?
-O que máis me gustou foi ir ás termas de Outariz. E o que menos foi o traxecto en bus.

-Pareceuche curta a viaxe?
-Si, moi curta.

-Volverías repetila?
-Si, unha semana máis.

5 comentários:

  1. Laura di:
    Gustouche profe.

    ResponderEliminar
  2. Laura-Noelia:
    A entrevista gustoume. Agradoume máis cando Noelia explicou moito e ben (por ex., o das comisións); por contra, houbo en tres preguntas nas que respondeu de menos.
    Ben, a ortografía.
    A presentación é demasiado breve; vasme prometer alongala, dicir moito máis como é Noelia e como se comporta.
    Falta, a vós e ás demais, recoller unha frase ou fragmento de frase que faga de títular (non levará punto ao final).
    Escribes, escribides, estas dúas partes coma se fose un comentario e eu, despois, métollas de novo á vosa entrevista.

    ResponderEliminar
  3. Laura di:
    O titular é: "Que gran experiencia".

    ResponderEliminar
  4. Laura di:

    Noelia é unha nenea de 6°A, é lista e simpática,pero un pouco cabezota..Non pensedes mal que cáeme moi ben. Vamos ver que tal o pasou na excursión: se Antón lle fixo andar moito, se lle gustou o albergue, etc.

    Así esta ben Antón?

    ResponderEliminar
  5. Laura, así queda que nin pintado. Era o que estaba a pedir esa presentación.

    ResponderEliminar