22/06/09

Sempre acontece


Tiña que ser e foi.


Esta entrada quere ser o remate a unha linda experiencia.
Convivimos xuntos tres días e pasámolo coma nunca; aínda máis, formámonos como persoas... andando, xogando, rindo...

Os lugares nos que estivemos pagaba a pena velos e disfrutar de eles.
Nós aproveitámolos e volvemos moi contentos.

O blog de Andaescola foi de curta duración; non podía ser de outro xeito: a informática, as TIC, coma un medio interesante para traballar esa saída e ese proxecto escolar. En fin, un lugar de comunicación.

Penso que, chegados a este punto, podemos dicir que resultou moi dinámico e ben aproveitado.

Hai que voar; seguros, con sentidiño... pero voar; novas experiencias...sensacións novas... Tampouco fai falta apurar e chegar antes de tempo. Cada cousa ao seu tempo.

A todas/os aos que vos interesou este blog, quédovos agradecido. Abur!

Antón Torreiro

18 comentários:

  1. A min gustóume e interesóume moito este blog.
    Dame pena marchar do cole,pero...temos que seguir, e marchar para o instituto.
    Que che vaia ben!
    Ata outra!

    ResponderEliminar
  2. Profe imosche votar de menos.
    Nunca me olvidarei deste blog.
    Que che vaia ven e que semre te recordes de nós.
    Ata sempre!!
    un bico

    ResponderEliminar
  3. Hola profe, se miras isto respondeme rapidiño.
    Desde que acabou o cole non lle botamos auga a árbore, porque estos días está chobendo moito.
    Teríamos que regala cando chobe 2 ou 3 días a semana?
    Espero impacente a túa resposta.

    un bico

    Marta

    ResponderEliminar
  4. Marta, cando chove non fai falta regar o voso xacarandá; pero...non vai chover sempre, non che parece?
    As semanas en que non chova e, sobre todo se vai moita calor, é cando debes regar.
    Mañá vou regar eu, vale? Para a semana que vén tócache a ti (a non ser que chova, esperemos ter bo tempo).
    Xa sabes como dicía o poema que lle recitastes:

    "Árbore,
    Cando eu marchar, has de falar
    de min, que te plantei.
    E, en cada ramallo novo que brotar,
    Serás un xesto meu a perdurar:

    - Por ti, de todo,

    xamais marcharei …"

    É para que faga iso de vós merece ser ben coidada, como ti xa fas.

    Gustoume verte por aquí, Marta, sempre comunicativa e responsable.

    ResponderEliminar
  5. Gustoume moito este blog,non só polo que dicía senón por ver o interesados/as que estivestes.
    Que a todos e todas os vaiamoi ben.
    Bicos.
    Carmina

    ResponderEliminar
  6. Samuel:
    hola Antón q tal as vacacions

    ResponderEliminar
  7. Saúdos a Carmina, Desi, Samuel e a todas e todos que por aquí pasastes os últimos días deixando rastro (en forma de comentario)ou simplemente mirando o que había.

    ResponderEliminar
  8. laura di:
    profe q tal as vacacions?
    espero q moi ben un bico moi grande

    ResponderEliminar
  9. Parabéns polo percorrido, virtual á vez que real, por este sendeiro do blogomillo que se asoma á blogosfera.

    ResponderEliminar
  10. Samuel:
    Anton saquei un 10 en galego

    ResponderEliminar
  11. Así me gusta, Samuel. Os meus parabéns!

    ResponderEliminar
  12. Antón a ver se te pasas en fin de curso pora qui na Pena

    Eva Castro

    ResponderEliminar
  13. que tal por aquí?
    saúdos a Antón Marosa etc
    bótase de menos aos profes e o ben que se pasaba
    un bico

    EVA LOPEZ

    ResponderEliminar
  14. Hola a Antón que tal no novo colexio pos moita sorte e que te vaia ben por alí e porfavor pasate pola Pena en fin de curso así ensinote as miñas notas case todo notables.
    Ata outra.
    Guillerme.

    ResponderEliminar
  15. antontorreiro28/05/10, 19:35

    Saúdos(moi cariñosos), Eva L. e Guillerme.

    Guillerme, algo xa sei das túas notas (e sabes...levei unha alegría). Gústame que vos vaia moi ben.

    ResponderEliminar