Foto retirada
É un só, pero teno. É o que ves arriba.
Ademais non cambiou de sitio, xamais o trasladaron. Algo intentaron. A dicir verdade estivo a punto de marchar para o Museo de Pontevedra e onde está deixar unha copia; outro miliario falso que parecía calcado ao que hai, mais noviño; facíano para que non se perdese; mais... a xente da zona non estaba por perdelo e opúxose ("o Marco de aquí non se move"). E alí quedou mirando cara ao ceo.
Este miliario de Mos tivo certa devoción, talmente coma se for un cruceiro, e dicían as xentes do lugar que favorecía os embarazos. Era coñecido para este fin e atraía a algunhas mulleres que querían ter fillos e que non o lograban. Refregábanse nel. Por iso mesmo, algunhas persoas aínda lle chaman a "Pedra das Preñadas".
Ten varias letras gravadas, mais é difícil distinguilas. Houbo novos gravados por riba e ... sobre todo ten moitas cruces; claro, estas cruces fixéronllas moito despois dos romanos.
Onde está este miliario de Mos?