01/06/09

A viaxe vai...chegando á fin

Añadir imagen

O último día

Un día moi agotador

Desirée Gómez Vaqueiro e Marta Rodríguez Barciela/MOS

Empezamos o ultimo día.

Marosa espertounos ás 8:30 como sempre. Empezamos a preparar a maleta para despois levala para o autobús; a continuación vestímonos e baixamos para a pista de baloncesto. Esperamos a que abriran o restaurante para poder almorzar; entramos e puxémonos a almorzar. O almorzo era riquísimo.

Ao acabar saímos afora para xogar un cacho e poder seguir preparando as maletas. Despois de un cacho veu o autobús e levounos ao centro de Celanova (Ourense). Logo, Antón invitounos a un xeado e sentou moi ben pola calor que facía. Ao acabar o xeado, fomos ao mosteiro ( onde estivo vivindo Marosa cando era nena). Era moi bonito. Vimos unha capela pequeniña (non colliamos todos dentro) e moi antiga, un claustro, a igrexa, a sacristía e un coro que estaba no alto onda o órgano, grandísimo, e onde había uns libros moi grandes e vellos. Alí tamén estivera Marosa e aínda se conservaba un R feito pola profe.

Despois fomos á torre de Vilanova dos Infantes. Era moi bonita. Vimos varias maquetas e explicáronnos todo o que había de importante na zona de Celanova. Por último, subimos á cima e dende alí víase toda a comarca. Logo fomos a xunto de Don Adolfo, o cura. Ensinounos a Virxe do Cristal e contounos e recitounos o poema da súa lenda; a virxe é moi bonita e pequechiña. Tamén nos contou a súa historia. E finalmente fomos comer a un sitio moi bonito, en ourense, e Antón convidounos a outro xeado.


Despois fomos ver Ourense, sobre todo a catedral. Fóra facía moita calor e dentro estabamos fresquiños.

Non subimos á Ponte do Milenio porque quedaba pouco tempo e o autobús non podía parar ao lado para baixar.

Por último fomos ás termas de Outariz. Tivemos que cruzar andando unha ponte por riba do río Miño. Bañámonos nas augas quentes e nas frías. Pasamos moito tempo, pero fíxosenos pouco. Ás oito en punto os profes mandáronnos saír das termas. Vestímonos e fomos ao autobús para marchar á casa. Marchamos máis tarde do previsto e tivemos que chamar ás nosas nais que viñeran por nós ás nove e cuarto.

Chegamos ao cole e as nosas nais estaban alí recibíndonos.

Foi unha viaxe inolvidable!



3 comentários:

  1. Si,unha excursión inolvidable!
    Foi todo unha experiencia moi divertida.

    ResponderEliminar
  2. Que ben quedou a miña foto e a redacion!!


    un bico

    ResponderEliminar
  3. desi eres una chulita

    ResponderEliminar