05/06/09

Entrevista a Selena

"Gustaríame ir outra vez"

Desirée Gómez
MOS/
Selena é unha rapaza que vai
en 6ºB no colexio Pena de Francia.
Pasouno moi ben na excursión de
fin de curso a Ourense, e ímoslle
facer unha entrevista para saber
como o pasou.

- Que che pareceu a excursión?
- Pareceume moi ben, porque traballamos moito para que saíra todo moi ben.


- Que día foi o mellor?
- Gustáronme o primeiro e o último, pero sobre todo o último porque foi no que mellor o pasei.


-Gustouche estar nas termas?
-Si, encantoume porque me relaxaba.


-Que tal durmiches os dous días?
-Moi ben, só que ao día seguinte ás 8:30 da mañá custaba erguerse.


-Quererías estar máis días?
-Si, teño moitas ganas de volver.


-Pareceuche ben esta saída?
-Si.


-Pareceuche agotadora?
-Si, porque as rutas eran moi longas e case sen parar.


-Gustouche o albergue “O Corgo”?
-Si, aínda que o baño cheiraba un pouco mal.


-Gustouche o sitio?
-Si, gustoume moito porque tiña vistas ao lago.


-Gustouche o museo “Aquis Querquennis”?
-Non, pareceume moi aburrido.


-Facía moita calor?
-Si, asábaste de calor.


-Que che pareceu o almorzo?
-Pareceume ben, estaba moi rico.


-A cea?
- Encantoume, sobre todo o polo con patacas.


-E o xantar?
-Si, porque gústame ir de picnic.


- Deuche pena marchar?
- Si, porque agradaríame estar máis días.


- Que foi o que máis che gustou?
- O que mais me gustou foron as termas.


- Que tal o pasaches?
- Paseino moi ben e divertinme moito.


- Con quen o pasaches mellor?
- Coas miñas compañeiras de habitación “Serra do Pisco”.


-Tes ganas de volver?
- Si, gustaríame ir outra vez.


- Que foi o que menos che gustou?
- O museo “Aquis Querquennis”.


-Gustouche o mosteiro de Celanova?
- Si, gustoume moito.


-Que tal a convivencia coas túas compañeiras?
- Moi boa, divertida.


-E compañeiros e profes?
-Tamén.


-Tiñas ganas de volver a túa casa?
-Noon!!


-Gustáronche as rutas de sendeirismo?
- Si, había unha paisaxe moi bonita.




Esta entrevista está dedicada ao blog “Andaescola”.


9 comentários:

  1. PROFE gustouche a entrevista a min ?????
    podía ser un pouquiño mais longa non cres ????

    ¡¡¡¡ xau xau !!!!

    ResponderEliminar
  2. Selena, a "entrevistada" foi moi breve nas respostas; quedaba mellor, e esta entrevistada sabe facelo, que explicase máis, metese anécdotas...
    Con todo,isto tamén depende de quen fai a entrevista: pode axudar a que lembremos e que o contemos ben para que a entrevista saia única e marabillosa.
    Eu a esta só lle vexo ese defecto.
    A próxima vai saír mellor, xa verás!
    Abur

    ResponderEliminar
  3. Gústame a entrevista.

    ResponderEliminar
  4. Profe, pois se fixera mais longas as respostas no acabariamos non crees?

    un bico

    ResponderEliminar
  5. Laura e Noelia din: Antón xa cho enviamos agora espéranos.

    ResponderEliminar
  6. Desi, as respostas longas, con detalles, anécdotas... son o que lle dan vida a unha entrevista. Tampouco se trata de alongar por alongar.
    Vai buscando a frase ou fragmento do que dixo Selena para poñelo na cabeceira e destacado (a modo de titular).

    ResponderEliminar
  7. PROFE ANTÓN Adrián dixo:
    ''Selena tienes una cara de chulita''.
    Tí crees...

    ResponderEliminar
  8. SELENA E DESI11/06/09, 13:56

    O titular da entrevista de Desi mais Selena:
    É:

    GUSTARÍAME IR OUTRA VEZ

    ResponderEliminar
  9. Selena, non debemos "entrar ao trapo" a todo o que nos din. Adrián díxoo por meterse un pouco; non lle deas maior importancia a iso.
    Ti procura ser ti, natural e sensata... e procura selo relacionándote coas persoas que te rodean.

    O titular está a piques de "subir" á rede.

    ResponderEliminar