08/06/09

Entrevista a Marta

“Foi unha experiencia inolvidable”



Xiana Pérez A.

MOS/ Marta é unha alumna de 6ºB. Ten espírito aventureiro, camiñou moito nesta excursión e gústalle estar a pasalo ben cos seus amig@s.

- Que tal o pasaches?

- Paseino moi ben.

- Gustouche o Albergue?

- A habitación non, pero as vistas que tiña si.

- Que é o que máis che gustou?

- O que máis me gustou foi o camiñar.

- Onde o pasaches mellor, nas termas ou no Albergue?

- Evidentemente nas termas.

- Cansácheste moito ao camiñar?

- Non, porque levaba sempre o mesmo ritmo.

- A comida estaba boa?

- Non moito, pero había que conformarse.

- Facía bo tempo?

- Bastante bo.

- Durmiches ben na túa liteira?

- Non, porque cada vez que me movía chirriaba.

- Quen construíu os dolmens e para que?

- Uns habitantes moi anteriores aos romanos. Para enterrar as persoas.

- Que che gustou máis, o contacto coa natureza ou os pobos e cidades que visitaches?

- Eu creo que as dúas cousas estiveron bastante ben.

- Como foi a experiencia de estar tanto tempo cos teus compañeiros?

- Moi boa, empecei a comprender como son os seus carácteres.

- Aprendiches algo sobre os romanos?

- Si, porque o profesor explicou moi ben as cousas.

- Para que os romanos construíron a Vía Romana?

-Para unir Brácara Augusta e Astúrica Augusta.

- Gustouche o mosteiro, recordas en que pobo se atopa?

- Si, gustoume moito. Encóntrase en Celanova.

- Que monumento che gustou máis dos que viches?

- O que máis me gustou foi o mosteiro de Celanova.

- Como se chama o río que visitamos?

- O río Caldo, ten a auga quente.

- Coñeces algún outro río que teña auga quente?

- Si, nas beiras do río Miño.

- Que foi o que máis che gustou da vila romana?

- Foron os arcos, porque era impresionante que as pedras aguantaran.

- Mareácheste no autobús?

- Non, pero aburrinme un pouco porque a comisión de cancións non cantaban.

- Que tal se portaron os mestres, pensas que os rapaces deberíamos estarlles agradecidos por levarnos á excursión?

- Si, e debemos agradecérllelo, porque o pasamos moi ben.

4 comentários:

  1. Marta 6ºB09/06/09, 16:42

    Hola profe.Parece que son a primeira en facer comentario.
    Gutouche a entrevista de Xiana máis Marta(eu).
    E por certo, xa sei que dixeras que saiá o arrecendario na páxina da biblioteca, pero que os de 5º apareceran non me parece moi normale non queremos que aparezan tanto.Que pintan aí os "monos" de 5º.
    Ai, ai ,ai e profe,tes que sacarnos máis aos de 6º home,que nós marchamos e os de 5º "os monos" aínda quedan outro ano.
    Isto parece machísmo contra os de 6º cuso.

    Espero a túa resposta profe.


    un bico

    ResponderEliminar
  2. Marta, a vosa entrevista está ben feita: correcta nas preguntas e respostas, case sen faltas... Se queres, a pega é a de case todas: as respostas podían ser máis longas... pero tampouco teñen problema, eh!
    De momento es a única que puxo problemas á comida; claro, isto é moi persoal e, polo tanto, nada que obxectarche. Con todo, es positiva e tiras para adiante sempre, unha grande cualidade túa.

    ResponderEliminar
  3. Marta, procura vivir, disfrutar... sen pensar se os de 5º fan isto ou aquilo, vale?
    Tampouco utilices palabras malsonantes para os outros. A ninguén lle gusta oílas e a ti tampouco te mellora.
    Procura que a ti che vaia ben e deixa que aos outros tamén lle vaia ben.

    ResponderEliminar
  4. Procurarei facer o que dis profe.Só digo que o intentarei ata logralo.Non teño nada máis que obxectar.

    un bico, Marta

    ResponderEliminar