31/05/09

Facendo memoria (I)


Milla XXXIV
Aquí comezamos. Vía Nova para os galegos, A Geira para os portugueses; vía XVIII do Itinerario de Antonino para todos. Máis tarde, Camiño da Raíña santa, camiño de peregrinación a Santiago de Compostela da raíña Santa Isabel .


Pasamos por carreiros diferenciando árbores.





Había que escoller cantos rodados, calcular tamaños, saber onde o río depositaba e onde arrastraba máis...


















Resultou divertido cruzar o río Homem pasando
polas pedras.
Moito mellor polas pedras ca pola
ponte.




Tiña outro aquel! Moi divertido.







Á volta, como gustou, recuncamos.

30/05/09

Facendo memoria (V)

Cousa bonita iso das augas quentes... e naturais!

A natureza agraciounos coa fermosura e nós, veña, a gozar.





As pozas de Outariz foron unha gozada.



Resultaron mellor aínda do agardado.

Xa en Baños de Río Caldo houbera un adianto e fixérase pouco.

En Outariz veu o desquite: dúas horas, ben completas, a "refrescarse" coa auga (o de refrescarse é un dicir, pois estaba a auga ben quente).







Non quedou poza pola que non pasaramos.



De cando en vez había que ir a unha poza de auga fría a quitar a calor do corpo.







Para non esquencer!

O mellor remate a estes tres días.

E van dous


Exército romano ás portas do campamento Aquis Querquennis/A.T.




Segundo día

Marta R. Barciela e Jesús Castro/ MUÍÑOS

Despois de pasar a primeira noite, pola mañá os profesores despertáronnos ás oito e media. Almorzamos ás nove, almorzamos leite acompañando con croisants con zume e torradas.






Despois de almorzar fumos ao Centro de interpretación”Aquis Querquennis”. A continuación fumos ao campamento e á mansión romanos; unha parte estaba escavado, outra sen escavar e algunha asulagada pola auga do encoro das Cunchas




Fomos ao monte do Xurés, subimos pola parte portuguesa, e baixamos pola española. Facía moita calor e a subida foi dura. Comemos tras pasar a fronteira internacional e baixamos a un pobo chamado Requiás e collemos o autobús cara ao albergue.






A comida era moi boa e poñían bastante cantidade. O trato era moi amable. Xa pola noite xogamos a varios xogos como por exemplo a sardiña e o pano.

Foi un día moi cansado.




28/05/09

Día de moita calor e a subida de Pitoes de Júnias á Portela de Pitoes fíxose moi dura. A baixada a Requiás xa foi asequible. Xantamos na cima, na Portela; era no único sitio onde houbo fresco. Onda o encoro do Salas vimos dous dolmens.

Pola mañá fomos ao Centro de Interpretación de Aquis Querquennis: explicáronnos como era o campamento romano e a mansión que está ao lado. Despois vimos as súas ruínas.

No albergue e arredores, todo ben: bonito e permite xogar moito.

Mañá, ás 8 e media da tarde no colexio.

De camiño



Primeiro día
Un día especial


O alumnado de 6º comezou a súa saída. Onte fixeron a ruta da Mata da Albergaria e a da Ruta da Corga da Fecha. Á noite, despois do partido, fixeron unha velada de contos e chistes con veliñas dando ambiente.

Desi Gómez, Javier Troncoso e Selena Serra/ MUÍÑOS
Chegamos ao colexio entre as 8:00 e 8:15, logo despedímonos de nosos pais, nais… Saímos ás 8:30 no autobús “ nun autobús do Xerés”. Camiño a Ourense tivemos que parar por que Jesús sentíase mareado e doíalle a barriga, tamén paramos nun bar de gasoliñeira a tomar algo.

Chegamos ás 11:10 a Portugal. Na fronteira baixamos; alí había miliarios, pois era a milla XXXIV. Fixemos un percorrido ata case a milla XXXII. No camiño fixemos unha ficha de árbores e outra de cantos rodados que había no cauce do río. Despois veu o mellor, cruzar o río saltando de pedra en pedra. Había ponte, pero case todos preferimos facelo polas pedras.

Máis adiante, estaba a milla XXXIII: tiña un montón de miliarios. Un pouco despois vimos unha fervenza moi bonita.

Andamos ata as 13:40 máis ou menos. Había unha fonte e refrescámonos e enchemos as botellas de auga fresquiña e sentounos moi ben por que facía moita calor. Logo despois de beber… chegou o autobús e fumos de volta a Ourense ; fumos a un lugar moi bonito para poder xantar, xogar, divertirnos…
Pola tarde fumos a andar moito e Antón mandounos ir por unha costa moi enpinada e Desirée ao baixar caiu e pinchouse na man. Antes diso fumos a unha catarata e Miguel esvarou , caíu á auga e empapouse todo.

Marosa e algúns máis quedaron abaixo.

Logo fumos andando e chegamos ata un balneario, alí mollámonos os pés en auga quente e templada[os profes tamen se animaron].
Despois de un cacho merendamos e chegou o autobús para levarnos ao albergue; chegamos e puxémonos en grupos. Despois duchámonos, ceamos… Algúns foron ver o partido de fútbol e foron ver os buzos.

Por último, tivemos unha velada con veliñas no medio e contaron chistes; os chistes de Miguel foron os mellores. Estivemos ata as 12 e pico da noite.

Así acaba un día moi agotador.

26/05/09



É mañá. Xa.
Tardaba... e chegou.

Cómpre saír cediño, ás 8 e media; do contrario, poden chorar...heheh...os meniños por nós. Coitadiños! Os irmáns, na casa e sen poder amolarnos.

Non se admiten retrasos nin faltas. Nós somos xente formal.

Xa vedes, o equipo de redacción está moi esperanzado e preparado para recoller as noticias.

As pintas son inmellorables.

O tempo, fenomenal.
Non choverá por ningures...e menos por alí.
Para o meu gusto, calor de máis, pero... non nos imos queixar, vale?, que todas e todos xa vimos tempos peores.

Durmir ben e manter a ilusión. Paga a pena!

22/05/09

Outariz



Aínda ben non empezamos a viaxe e a min, non me preguntedes o porqué, vaime a cabeza a Outariz, ao remate. Será polas augas quentes, polo Pai Miño...?

Xa queda...nada...cinco días de nada. E o tempo, ao noso favor. Non merecemos menos!

Por aí arriba andan algúns coñecidos.
Quen viu a xente de aquí?


20/05/09

Miliario en Mos


Foto retirada

Mos conta con un miliario.
É un só, pero teno.
É o que ves arriba.
Ademais non cambiou de sitio, xamais o trasladaron. Algo intentaron. A dicir verdade estivo a punto de marchar para o Museo de Pontevedra e onde está deixar unha copia; outro miliario falso que parecía calcado ao que hai, mais noviño; facíano para que non se perdese; mais... a xente da zona non estaba por perdelo e opúxose ("o Marco de aquí non se move"). E alí quedou mirando cara ao ceo.


Este miliario de Mos tivo certa devoción, talmente coma se for un cruceiro, e dicían as xentes do lugar que favorecía os embarazos. Era coñecido para este fin e atraía a algunhas mulleres que querían ter fillos e que non o lograban. Refregábanse nel. Por iso mesmo, algunhas persoas aínda lle chaman a "Pedra das Preñadas".

Ten varias letras gravadas, mais é difícil distinguilas. Houbo novos gravados por riba e ... sobre todo ten moitas cruces; claro, estas cruces fixéronllas moito despois dos romanos.


Onde está este miliario de Mos?

14/05/09

Marco ou propaganda



Os romanos non só construían miliarios para marcar cada milla (Milia Passum, mil pasos), que tamén; para iso chegaba con un miliario en cada milla e punto... e algunha ten unha morea de miliarios.


Diredes, e para que?


Pois o emperador (imperator) que gobernaba Roma mandaba poñer os seus datos no primeiro miliario; mais a vida é longa ... co tempo a vía empeoraba e facía falta facer amaños: ás veces grandes; outras, pequenos apaños.

Ai, agora si, o novo emperador ou emperadores querían que se soubese quen pagaba a nova obra.


Novo miliario indicando a reforma e o nome do "magnífico" emperador.

Isto de lucir e marcar cada obra ou obriña que se fai aínda se continúa a facer. Eu algo por aí vin.


Mirade e vede. Sóanvos?

Eu xúrovos que vin estas dúas placas por algures!

E ti??



Repartimos organización e esforzos


O venres pasado tivemos unha xuntanza xeral de 6º. Cada un apuntouse a unha comisión.

Todo ben, fíxose tendo en conta os nosos gustos e preferencias. Todos quedamos contentos.
Home, escollemos nós!


Despois comezamos a traballar, cada grupo co seu tema.

Comisión de redacción das noticias

Grupo 1º: Desirée, Javier e Selena
Grupo 2º:
Guillerme, Marta e Jesús



Comisión da boa organización e marcha
Eva L. Riveiro, Belén, Erea, Xiana, Eva Castro e Samuel


Comisións de animación
Xogos

Laura Costas, David, Manuel, Joaquín, Pablo e Jorge
Cancións
Adrián, Carmen e Laura Veiga, Antonio e Fabio
Lendas e Contos
Miguel, Sandra, Noelia, Sara e Alejandro

01/05/09

Encargámonos...



Imos animar a saída e cada un vaise encargar e responsabilizar de algo.

É a nosa saída e a nosa convivencia. Participamos, logo, na maneira de facela.

Sempre activos; unhas veces simplemente participando , outras dirixindo para que saian ben ... e ao noso gusto.


O que ben se prepara, ben sae.

Mirade as opcións e... xa falaremos e faremos grupos.


Comisión de redacción das noticias que creamos

2 grupos de 2-3 redactores

Redactarán as noticias do día. En xeral, un grupo fará a mañá, outro a tarde.

Farano en Open Of. Writter ou en Word. Logo, pasarase ao blog “Andaescola

” e colgarase na rede para todo o público no lugar que se poida facer (conexión a Internet). Levaremos o miniportátil.

Traballarase a noticia e servirá para nais, pais, outro alumnado… fagan o noso seguimento.


Comisión da boa organización e marcha

Encargarase de crear listados de material a levar e consellos de funcionamento.

Serán os responsables de que isto se cumpra ben.

  • Listado de cousas importantes que teremos que levar cada un de nós na mochila individual (hixiene...)

  • Listado de material para todo o grupo que teremos que levar (botiquín, teléfono móbil, teléfonos de alumnado e colexio, minicomputador portátil...)

  • Listado de consellos para cando fagamos percorrido a pé.

  • Listado de consellos para cando nos movamos en autobús (dentro ou nas súas proximidades).


Comisións de animación

Xogos

Organizarán, dirixirán, animarán e controlarán o tempo de xogo

  • Encargaranse de preparar e dirixir xogos populares.

  • Encargaranse de dar entrada a outros xogos (fútbol...) na área recreativa de Muíños

  • Controlarán os materiais correspondentes e necesarios para eses xogos.

Cancións

Buscarán cancións axeitadas, aprenderanas e serán os animadores musicais

  • Farán un listado pequeno de cancións fáciles de cantar coa correspondente letra para cantar

  • Ensaiarán esas cancións

Lendas e contos

Aprenderán dúas lendas (unha para cada noite), representaranas (antes ensaiarán a súa representación), aprenderán contos e chistes para as veladas. Daranlle vez a calquera que queira contar outros contos e chistes.

Lendas representadas, contos, chistes ao redor do círculo de lume (candeas) a modo de velada.