26/05/09



É mañá. Xa.
Tardaba... e chegou.

Cómpre saír cediño, ás 8 e media; do contrario, poden chorar...heheh...os meniños por nós. Coitadiños! Os irmáns, na casa e sen poder amolarnos.

Non se admiten retrasos nin faltas. Nós somos xente formal.

Xa vedes, o equipo de redacción está moi esperanzado e preparado para recoller as noticias.

As pintas son inmellorables.

O tempo, fenomenal.
Non choverá por ningures...e menos por alí.
Para o meu gusto, calor de máis, pero... non nos imos queixar, vale?, que todas e todos xa vimos tempos peores.

Durmir ben e manter a ilusión. Paga a pena!

2 comentários:

  1. Efprim@gmail.com26/05/09, 23:25

    Son case as doce da noite e vou dormir pensando que "andaescola" vai poñer os calcetíns ben axustados,as mochilas ben colocadas e ben surtidos de auga. Todo ben.!!!!
    Seguro que no Xures todo está moi ben
    Luis Q.

    ResponderEliminar
  2. Que o pasedes moi, moi ben!!!

    Un saudo moi especial para Eva, Laura, Pablo e Sara.

    Leire

    ResponderEliminar